A XUNTA FOI CONDEADA POR EXPLOTACIÓN DO PERSOAL SANITARIO

¿Porqué non tes médico ou pediatra no teu centro de saúde? Unha das consecuencias da terrible e destructiva mala xestión da Xunta de Galicia é que cada ano unha media de 130-150 profesionais vense obrigados a emigrar ao estranxeiro, o que supón unha descapitalización do sistema e a perda dos millóns de euros investidos na súa formación.

Unha situación insostenible para os profesionais, que levan anos suplindo a nivel persoal as faltas de equipamento e de traballadores, atendendo por boa vontade cupos de pacientes que chegan a doblar o cupo marcado pola normativa da propia Consellería.

Esta situación quedou tristemente demostrada cando O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sentenciou en decembro do pasado ano quequedou plenamente acreditado que a Consellería de Sanidade e o Sergas vulneraron os dereitos dos médicos de atención primaria e pediatras en materia de integridade física e saúde e que incumpren coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo do devandito colectivo e avaliación dos riscos dos seus postos de traballo”.

O persoal é o recurso máis importante dos sistemas sanitarios. Na asistencia de saúde, contrariamente ao que ocorre noutros sistemas de produción, é imposible substituír ós profesionais por maquinas ou robots, nin facer o servicio telemáticamente, dado que os procesos diagnósticos, a asistencia, a promoción e prevención ou os coidados de saúde, só poden ser realizados por persoas e de xeito presencial..

Desde a chegada de Núñez Feijoo ao goberno da Xunta de Galicia, a política sanitaria foi dirixida a eliminar inxustificadamente gastos de persoal (Galicia está á cabeza de todas as CCAA cun 30,6% de recucción de orzamento). Para conseguir este terrible obxectivo o SERGAS utilizou un conxunto de medidas:

– Eliminación de persoal: 1.121 prazas de traballadores sanitarios, especialmente de persoal médico con 513 prazas, das que 393 (76%) foron en Atención Primaria e 120 en hospitais (24%). A estratexia seguida para conseguir este obxectivo foi non cubrir as prazas vacantes por xubilación. A esta temeraria reducción, habería que engadir as máis de 300 prazas de persoal facultativo previstas no Plan de Mellora de AP que o actual goberno abandonou de xeito irresponsable nada máis chegar ao poder.

– Máis da metade do persoal non ten estabilidade ou traballan en contratos por horas ou días sen dereito a vacacións. Algún persoal facultativo chega a asinar máis dun centenar de contratos en ano e medio.

– A falta de persoal condiciona a masificación das consultas con medias entre 50-70 pacientes o que impide a correcta atención e o correcto diagnóstico explotando ao persoal que chega aos límites físcos no traballo pero que de boa fe non quere deixar pacientes sen atender

– A Conselleria paralizou intencionadamente a carreira Profesional o eliminar o orzamento correspondente, un xa demostrado erro pois é o principal incentivo profesional para mellorar a calidade, a dedicación e a produtividade do persoal médico.

A falta de persoal e as malas condicións laborais teñen graves consecuencias, poñendo en risco a saúde do persoal e a saúde das persoas enfermas que necesitan atención nos centros sanitarios.

Aqui debaixo tedes o que se detalla na ILP que o Parlamento de Galicia debe aprobar o próximo 9 de maio , e que pode solucionar esta situación gracias á aplicación das medidas urxentes e necesarias dictadas por expertos, que deben ser aplicadas pola Xunta de galicia de inmediato.

Proposta da Iniciativa Lexislativa Popular ILP para mellorar as condicións laborais do persoal dos Centros de Saúde

Artigo 4. Garantir a estabilidade laboral e unhas condicións de traballo adecuadas ao persoal dos Centros de Saúde 

1. Convocar anualmente tódalas  prazas vacantes mediante Ofertas Públicas de Emprego 

2. Incrementar a capacidade docente da Atención Primaria acreditando novos centros de saúde para que todas as categorías profesionais teñan garantida a formación en saúde familiar e comunitaria, así como o recambio profesional e o necesario incremento das plantillas de persoal. 

2. Ofertar aos novos especialistas contratos estables que os a Atención Primaria galega  

3. Garantir unhas  condicións  laborais dignas que acaben coa  precariedade e  inestabilidade   do  persoal e permitan recuperar ao  que  decidiu  traballar en  espazos diferentes  á Atención Primaria e a que  emigrou  fora de Galicia.

Vémonos o próximo 9 de maio diante do Parlamento de Galicia as 10:00h!!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s