QUEN SOMOS
SOS SANIDADE é unha plataforma de profesionáis do sector sanitario, que apoiados por todo tipo de entidades e colectivos, traballan sen ánimo de lucro para resolver os problemas do Sistema Público de Saúde xerados pola irresponsable xestión destructiva da Xunta de Galicia, que desde fai anos reduce o gasto da sanidade sen ningunha xustificación mentres aumenta o gasto noutras consellerías moito menos prioritarias para o interese xeral da poboación. Como cosecuencia estanse eliminando facultativos e servicios, estanse a pechar centros de atención primaria e alonganse as ocultas listas de espera nos hospitáis mentres se subcontrata, priovatiza ou deriva o servizo á sanidade privada.
Podes acceder ao mapa de grupos locais e plataformas aquí
PORQUÉ É NECESARIO ACTUAR
A situación de destrucción da Atención Primaria Galega está alcanzando un punto de inflexión que vai ser irreversible en breve se non se toman medidas inmediatas:
1- Continúan os graves problemas de acceso á asistencia sanitaria coa hexemonía da consulta telefónica, seguen crecendo as irresponsables listas de agarda que poñen en perigo aos pacientes, e aumentan os centros de saúde sen Pediatras e sen os Médicxs necesarios , ademáis de peches de urxencias extrahospitalarias (PACs).
2- A Consellaría e o SERGAS, aprobaron uns orzamentos que supón a metade do orzamento necesario según a Organización Mundial da Saúde. Un ridículo financiamento do 14% do gasto sanitario comparado co 25% que deberíamos ter según a OMS.
3. A Consellaría de Sanidade se nega a poñer en marcha o Plan Extraordinario e Urxente, necesario para solucionar a falta de persoal sanitario, que soporta unha situación de desmantelamento e masificación insostenible, debido a política sanitaria suicida levada a cabo pola Xunta desde 2008. Para agravar a situación en 2023 soamente convocará 620 plazas mir das 725 disponibles polo Ministerio. Desde que goberna o PP en Galicia o Sergas decidiu non convocar 180 plazas de médicos de familia que tiña concedidas polo Ministerio de Sanidade
4-Incremento en Galicia da mortalidade evitable e xeral, non explicable pola epidemioloxía, certificado polos últimos informes do Ministerio de Sanidade. Este aumento é consecuencia do excesivo alongamiento das listas de agarda para primeiras consultas, probas diagnósticas ou intervencións quirurxicas.
5- A Xunta de Galicia é o 2º pola cola de todos os gobernos autonómicos en canto ao gasto sanitario por persoa. Un dato terrible se temos en conta somos unha das comunidades de España coa poboación máis envellecida, o que xustifica a necesidade real de máis gasto sanitario por persoa que na maioría das comunidades.
OBXETIVOS
Por todo isto, e para evitar que a poboación sufra unha Atención Primaria Pública de ínfima calidade e poida caer na trampa duns seguros privados enganosos e de lixo (que xa manteñen listas de agarda asi como recortes de probas e intervencións cirúrxicas), e que o persoal sanitario, superado pola precariedade, os baixos salarios, a presión asistencial excesiva e as consultas masificadas, se vexa obligado a marchar da Atención Primaria, o que supondría o fin dun Modelo de Atención Primaria que ten que ser garantía dunha asistencia sanitaria universal, accesible, equitativa e de calidade a toda a poboación galega; desde as Plataformas Sanitarias de SOS Sanidade Pública e as organizacións que integramos a Plataforma SOS en Galicia, esiximos:
-
Un Plan Extraordinario e Urxente de medidas para afrontar a crise e o desmantelamento actual da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público en Galicia.
-
Aprobación polo Parlamento das propostas da Iniciativa Lexislativa Popular que presentará a Plataforma
-
Incremento do orzamento sanitario e do gasto en Atención Primaria ata alcanzar o 25% do total, gasto mínimo necesario según a OMS
-
Recuperación das Áreas Sanitarias desmanteladas.
-
Posta en marcha dos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e do Consello Galego de Saúde, para dar participación a cidadanía nas decisión que afecten a Sanidade en Galicia.
-
Recuperación das prazas eliminadas.
-
Incremento significativo de todalas categorías de persoal dos Centros de Saúde para dar unha Atención Integral
-
Activación dun Plan para utilizar plenamente os servizos hospitalarios que acabe coas listas de agarda acumuladas
-
Poñer en marcha as medidas adoptadas no Consello Técnico de AP e darlle continuidade como Mesa de Negociación para elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia
-
Dimisión ou cese inmediato dxs responsables políticos desta gravísima situación.
Invitamos a toda a poboación e ás súas organizacións, colectivos e institucións representativas, a seguir recollendo firmas en apoio da ILP “Salvar e Fortalecer a Atención Primaria; a manter as mobilizacións pola situación de destrucción do sistema sanitario; a realizar pronunciamentos institucionais… moitas grazas por apoiar as iniciativas da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Ámimo a todos e a todas para seguir traballando contra o proceso de desmantelamento da AP e da Atención Hospitalaria , as cousas van a cambiar, Imos conseguir que a Xunta de Galicia se vexa obligada a recuperar o eliminado pola intencionadamente desastrosa xestión do PP durante anos, e comence a introducir medidas de mellora, mediante a aprobación dun Novo Modelo de Atención Primaria, acordado coa participación da poboación e o persoal que traballa nos servizos sanitarios.
