Aquí debaixo tes a info e o texto da ILP coa que esperamos conseguir que por fin as cousas cambien e se tomen medidas urxentes para arranxar aterrible situación na que se atopa a sanidade pública galega.
Esta Iniciativa Lexislativa popular xa está en trámite no Parlamento Galego gracias as máis de 55,000 firmas que a respaldaron. Un hito histórico pois foi a iniciativa máis asinada da historia de Galicia, case o doble que a anterior. Agora o proceso continua, a Xunta Electoral ten 15 dias desde o 14 de febreiro para remitir a Mesa do Parlamento as firmas, despois esta tera un mes para contestar e poñer data ao debate no Parlamento Galego e a conseguinte votación.
Sen dúbida a presión social vai ser determinante para conseguir que finalmente se aprobe, precisamos todos os apoios posibles. ANÍMATE A PARTICIPAR! . Podes facelo de diferentes xeitos:
1- Apoia públicamente co rexistro de apoios á ILP SOS SANIDADE Pública.
-Calquera entidade ou colectivo pode amosar públicamente o apoio, á ILP, non compromete a nada. Tamén pode asinarse como persoa individual .O listado farase público na web . Rexistro a través deste enlace
. Se eres persoal sanitario podes asinar neste enlace
2- Facéndote establecemento colaborador– deixaremosche un cartel e afiches informativos no teu local. Anótate neste enlace
3-Difunde información. Aquí tes o mapa de sitios locais onde podes atopar información, se non atopas un lugar preto de ti contácta
4-Participa nas campañas de concienciación. Poñeremos mesas nas rúas . Contacta co teu grupo local , verás os datos neste mapa ou rexistrate aquí

PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, SOBRE MEDIDAS URXENTES PARA RECUPERAR E FORTALECER A ATENCIÓN PRIMARIA
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA
A Comisión Promotora da presente iniciativa expón:
Que consoante ao disposto na Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá non Parlamento de Galicia ( LILP), formulan escrito de promoción de iniciativa lexislativa popular, co seguinte contido:
- De conformidade co disposto na letra b) do artigo 4 dá Lei 7/21015 do 7 de agosto, as razóns que aconsellan a tramitación e aprobación polo Parlamento de Galiza dá presente Proposición de Lei céntranse na necesidade de promover políticas públicas para recuperar e fortalecer a Atención Primaria
- De acordo coa letra a) do artigo 4 , dá Lei 7/21015 do 7 de agosto, exponse a seguir o texto articulado dá Proposición de Lei, precedido dunha exposición de motivos:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Estatuto de Autonomía de Galicia outorga a esta Comunidade Autónoma a competencia do desenvolvemento lexislativo, así como a execución da lexislación básica en materia de sanidade interior. É, de feito, esta norma a que fixo que se aproben múltiples textos legais como a Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde, ou a Lei 8/2008, do 10 de xullo de Saúde de Galicia.
Xa antes da pandemia, o sistema sanitario galego viña arrastrando unha serie de debilidades que non fixeron se non agravarse durante esta: a falta de accesibilidade, as
longas listas de espera dun sistema saturado, a indubidable fatiga do persoal ou a escasa participación da cidadanía no sistema.
O obxectivo da presente Lei é a implantación dunha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de atención primaria. Así, en primeiro lugar, establécese a atención persoal ao paciente como regra xeral para as consultas médicas, correspondéndolle a el ou a ela a decisión de ser atendido de forma telemática; paralelamente, determínase tamén que deba existir sempre a opción de ser atendido por unha persoa ao chamar por teléfono aos servizos sanitarios.
Así mesmo, establécense unha serie de medidas para fixar uns mínimos razoables de dispoñibilidade de centros e persoal para salvagardar a debida calidade da atención primaria aos pacientes, proporcionando unha atención sanitaria en igualdade tendo en conta as diferencias de cada xénero. A saúde reprodutiva e sexual das mulleres ten necesidades específicas que necesitan ser atendidas por matronas, non ter en conta esta especificación implica abrir unha brecha de xénero e unha desigualdade sanitaria, polo que se establece un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres. Destacan de entre estas medidas a obrigación de publicar, como mínimo, unha convocatoria de prazas anual, a recuperación dos consultorios periféricos e o incremento e re dimensión dos cadros de persoal dos centros de saúde.
En terceiro lugar, recupéranse as Xerencias de Atención Primaria e desenvólvense as competencias dos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e do Consello de Saúde de Galicia. Neste sentido, restablécense as Xerencias de Atención Primaria como elemento esencial da estrutura organizativa do sistema sanitario galego e o máis útil elemento de intervención na repartición de recursos e organización da asistencia primaria. Por outra banda, coa presente Lei búscase aumentar a capacidade de participación cidadá nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e o Consello de Saúde de Galicia, dándoselle maior peso e relevancia nos devanditos órganos
O obxectivo da presente ILP non pretende suplantar a Lei Galega de Saúde senón implantar unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de Atención Primaria como parte esencial e distintiva do sistema sanitario público galego.
Todas estas medidas son de carácter urxente dada a gravidade da situación pola que atravesa a Atención Primaria en Galicia, en risco real de desmantelamento e privatización e deberían ir acompañadas da recuperación dos recursos humanos recortados nos últimos anos, garantir a accesibilidade aos centros, desmasificar as consultas e acabar coas listas de espera, así como mellorar as condicións laborais do persoal da Atención Primaria.
Capitulo I. Disposicións xerais
Obxectoeámbitodeaplicación
A presente Proposición de Lei ten por obxecto a implantación dunha serie de medidas destinadas a recuperar e fortalecer a Atención Primaria dentro do sistema sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Capitulo II Garantir a presencialidade e a calidade na atención
Artigo 1. Atención presencial nas consultas
As consultas levaranse a cabo, como regra xeral, de forma presencial. Así, só se o paciente opta voluntariamente por ser atendido de forma telemática poderase levar a cabo a consulta polos devanditos medios.
Artigo 2. A atención telefónica será a cargo do persoal, non de maquinas
As centrais telefónicas que xestionen as chamadas de pacientes e usuarios do sistema sanitario terán sempre a opción de ser atendido por unha persoa. A referida opción deberá ser de fácil acceso para quen que chama.
Capitulo III. Mellorar a estrutura e funcionamento dos Centros de Saúde, Servizos de Urxencias Extra Hospitalarios e Servizos de Ambulancias
Artigo 3. Adecuar as plantillas de persoal as necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade
- O persoal dos Centros de Saúde establecerase tendo en conta as condicións xeografías, a estrutura da poboación, as situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área Sanitaria.
- Para ilo constituirase unha Comisión Especifica na que estarán tres representantes das organizacións sindicais; tres das organizacións científicas medicas; un por cada unha das categorías laborais e profesionais que integran os equipos; e tres polas organizacións veciñais.
- Establecer un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres, salvo que por motivos de poboación en zonas rurais se estableza un ratio menor, tendo en conta outros parámetros ademais do número de nacementos de cada área xeográfica, sen acotar os ratios por rango de idade, e valorando sempre a dispersión xeográfica.
- As consultas medicas non deberan superar, como norma xeral, 30 o dia.
Artigo 4. Garantir a estabilidade laboral e unhas condicións de traballo adecuadas ao persoal dos Centros de Saúde
- Convocar anualmente tódalas prazas vacantes mediante Ofertas Públicas de Emprego
- Incrementar a capacidade docente da Atención Primaria acreditando novos centros de saúde para que todas as categorías profesionais teñan garantida a formación en saúde familiar e comunitaria, así como o recambio profesional e o necesario incremento das plantillas de persoal.
- Ofertar aos novos especialistas contratos estables que os a Atención Primaria galega
- Garantir unhas condicións laborais dignas que acaben coa precariedade e inestabilidade do persoal e permitan recuperar ao que decidiu traballar en espazos diferentes á Atención Primaria e a que emigrou fora de Galicia.
Artigo 5. Garantir a accesibilidade da poboación aos Centros de Saúde, Consultorios periféricos e Urxencias en condicións de equidade
- A poboación, independentemente do lugar onde viva, terá dereito a acceder á Atención Primaria nunhas condicións que garantan a accesibilidade (máximo de media hora da súa residencia) e a equidade (sen discriminacións entre o rural e o urbano).
- A composición dos equipos dos Centros de Saúde deberán adecuarse ás características xeográficas e de poboación, epidemiolóxicas e da demanda de cada área e zona persoal dos Centros, Consultorios e Urxencias para garantir unha atención integral, de calidade e con unha plena capacidade resolutiva. A composición das plantillas serán establecidas nos Plans de Saúde de Área Sanitaria.
- Os Centros, PAC e centros Periféricos deberán garantir o acceso da poboación rural nas mesmas condicións que a urbana.
- Os Servizos de Ambulancias adecuáranse as necesidades e demandas de traslado urxente de pacientes sen discriminación
Capitulo IV. Dotar de autonomía de xestión á Atención Primaria
Artigo6.As Prazas de Xerencia deÁrea asignaranse atendendo a criterios de profesionalidade e non de afinidade política, mediante concurso oposición de acordo aos criterios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.
Artigo7.Os e as xerentes deberán acreditar formación do tipo de Master en Xestión Sanitaria.
Artigo 8. As Direccións deAtención Primaria formarán parte das Xerencias de Área e terán capacidade e autonomía para asignar xestionar a demanda, un orzamento propio, e os recursos humanos e materiais dos centros, de acordo ás directrices do Plan Galego de Saúde e dos Plans de Área.
Capitulo V Garantir e fomentar a participación cidadá
Artigo 9. A cidadanía poderá participar e decidir nas actividades e actuacións da Atención Primaria. Os Consellos de Saúde dos diferentes niveis do sistema participarán na planificación, execución e avaliacións das actividades desenvolvidas polos centros de saúde, poderán realizar informes e propostas de natureza vinculante, mediante disposicións legais que o dispoñan expresamente mediante unha normativa propia, de acordo cos Plan de Saúde e Galicia e os Plans de Saúde de cada Área
Artigo 10. O Consello Galego de Saúde, os Consellos de Saúde de Área Sanitaria e de Centro de Saúde terán un carácter democrático
- Estarán presididos por persoas designadas pola Xerencia do XERGAS e a súa composición terá un carácter democrático.
- Estarán integrados por seis representantes da administración e dous membros das organizacións veciñais, de pacientes, sindicais, patronais, universitarias e de institucións locais.
Capitulo VI. Acabar coas Listas de Espera na Atención Primaria
Artigo 1. Garantirase que o tempo de espera para recibir atención nos Centros de Saúde non superara as 48 horas para consultas normais e 24 horas para a demanda urxente
Artigo 2. Asinterconsultas e derivacións de pacientes aos servizos especializados hospitalarios non pasarán por filtros previos que alonguen a espera da atención. O persoal facultativo de AP poderá remitir aos pacientes as especialidades hospitalarias mediante un informe co xustifique, sen ter que pasar ningún filtro que demore a atención .
Artigo3.As persoas que rexeiten ser atendidas en centros privados concertados non serán enviadas ás listas non estruturais nin perderán o seu posto na lista estrutural
Disposiciónderrogatoriaúnica.Derrogaciónnormativa.
Ficanderrogadascantasnormasdeigualouinferiorrangoseopoñanou contradiganodispostonestaLei.
Disposiciónderradeiraúnica.Entradaenvigor.
Estalei entrará en vigoraosvinte días dásúa publicación non Diario Oficial de Galicia.
- As persoas asinantes autorizan XXX a presentar e recibir escritos e documentos en nome dá Comisión Promotora.
Poloexposto,
SOLICITAN:Que teña por formulado o presente escrito de promoción de iniciativa lexislativa popular, acordando a súa admisión a trámite para, unha vez cumpridos os trámites legais, incluída a recollida e presentación de, como mínimo, quince mil sinaturas debidamente autenticadas de cidadáns, publique a presente Proposición de Lei conforme ao artigo 123 do Regulamento dá Cámara para a súa toma en consideración no Pleno e subseguinte tramitación parlamentaria.
Santiago de Compostela, a 22 de xuño de 2022.