
A insostenible situación provocada pola falta de persoal sanitario nos centros de saúde é consecuencia da terrible destructiva xestión da Xunta de Galicia. Por un lado os médicos vense obrigados a emigrar (polo abuso laboral polo que a Xunta xa foi condeada , e polas inestables condicións que ofrece a Consellería, cunha gran parte dos profesionais encadeando contratos por dias ou semanas, e por outro non se cubren intencionadamente O 90% das xubilacións, quedando o cupo de pacientes destes médicos sen cubrir.
Con estes antecedentes resulta incomprensible e irresponsable a falta de previsión que desde fai anos ten a propia Xunta de Galicia cando decidiu non convocar 180 prazas de médicos de familia que tiña a disposición desde O Ministerio de Sanidad.
A crise da Atención Primaria en Galicia ten que ver con tres elementos clave:
· Déficit na financiación (14,9% cando debería ser o 25% do gasto sanitario según a OMS) e de inversión na AP xa que Galicia ocupa o penúltimo lugar das CCAA.
· Falta de persoal consecuencia da intencionada xestión de Rajoy e Feijoo que aproveitaron as xubilacións e a Taxa de Reposición, non cubrindo o 90% das vacantes para cubrir soamente o 10% (este problema acrecentarase no futuro dado que o 51% dos médicos galegos ten máis de 55 anos e o 25% supera xa os 65)
· Unha mala e irresponsable planificación do Sergas que intencionadamente non convoca todas as prazas MIR a súa disposición cada ano, e que como consecuencia traerá falta de novo persoal en formación MIR para cubrir as vacantes no futuro.
A Consellería e o SERGAS quedan en evidencia o intentar ocultar mediante datos falsos as consecuencias da súa política de xestión destinada a desmantelar a Atención Primaria
O partido popular puxo en marcha unha campaña de desinformación a través das redes sociais para contrarrestar o éxito da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o pasado 12 de febreiro, na que o lema era “Necesitamos que o Goberno central nos deixe formar máis médicos de Atención Primaria”.
Terrible que os máximos responsables do SERGAS mentisen con descaro
· A Ex-ministra Ana Pastor chegou a dicir que o responsable de convocar suficientes prazas MIR era o señor Sánchez, cando a realidade é que o Ministerio de Sanidade convoca prazas para formación MIR de Medicina Familiar en función das cifras propostas polas comunidades autónomas. A Xunta non convocou todas as prazas MIR que tiña disponibles polo Ministerio.
· O ex-presidente Feijóo exixiu que as prazas MIR foran tantas como persoas se gradúan en Medicina. Os datos oficiais acreditan que xa son máis prazas MIR convocadas que persoas que saen da carreira
As prazas convocadas son totalmente insuficientes para cubrir as necesidades
No 2022 desde o Ministerio convocáronse 8.550 prazas MIR, 31% máis que na última etapa de Rajoy, durante cuxo mandato culminou un descenso de ata un 12%. Un 60% máis que con Rajoy. En Atención Primaria ofertáronse 207 prazas para o 2023 supoñen un incremento do 45% e un 111% máis que fai cinco anos.
En 2023 ofertáronse 46 prazas MIR menos que en 2022.
O incremento de prazas de formación foi dun 4%, absolutamente insuficiente para cubrir a falta de persoal medico que necesita a Atención Primaria, para suplir as reducións de prazas MIR da década pasada que comezaron en 2010 (primeiro ano co PP de Feijóo na Xunta), e continuaron de maneira sostida ata 2013, pasando de 341 prazas en 2008 e 2009 a 321 en 2013. En 2014 medraron ata 376, para estancarse novamente a partir de 2018.
Aínda cas prazas MIR de Medicina de Familia aumentaron un 111% en cinco anos, o efecto do incremento non é inmediato para os centros de saúde dado que a formación dura catro anos.
Entre 2012 e 2017 xubiláronse 175 pediatras pero o SERGAS so cubriu 96 das vacantes.
O novo persoal formado no MIR non pode quedar na Atención Primaria Galega
En torno á metade do persoal médico formado en Atención Primaria en Galicia entre 2017 e 2021, non ficou nos centros de saúde, como consecuencia das malas condicións de traballo, a precariedade laboral, a saturación das consultas e os problemas de accesibilidade e de calidade na atención nos centros de saúde.
Problemas de calidade na formación
A masificación das consultas por falta de persoal, a escaseza de tempo para ver pacientes, a sobrecarga de tarefas burocráticas, dificultan a formación e o traballo de titorización nos centros. En 2022 quedaron sen cubrir o 6,5 % das prazas convocadas.
Ante esta situación a Conselleria de Sanidade tivo a infantil e irresponsable ocorrencia de esixir ao Estado que flexibilice os criterios de acreditación dos Centros Docentes algo que atenta contra la calidade na formación de novo persoal médico.
Na Iniciativa Lexislativa Popular proponse:
Artigo 4. Garantir a estabilidade laboral e unhas condicións de traballo adecuadas ao persoal dos Centros de Saúde
1. Convocar anualmente tódalas prazas vacantes mediante Ofertas Públicas de Emprego
2. Incrementar a capacidade docente da Atención Primaria acreditando novos centros de saúde para que todas as categorías profesionais teñan garantida a formación en saúde familiar e comunitaria, así como o recambio profesional e o necesario incremento das plantillas de persoal.
2. Ofertar aos novos especialistas contratos estables que os a Atención Primaria galega
3. Garantir unhas condicións laborais dignas que acaben coa precariedade e inestabilidade do persoal e permitan recuperar ao que decidiu traballar en espazos diferentes á Atención Primaria e a que emigrou fora de Galicia.