MANIFESTO DE APOIO DA XENTE DA CULTURA

Desde SOS Sanidade Pública Galega queremos agradecer a todas as persoas que desde todos os ámbitos culturais están apoiando a Sanidade a través do seu manifiesto.

Aquí debaixo podes atopar o manifiesto e o listado da xente que o asina.

Para asinar podés facelo a través deste enlace

MANIFESTO EN DEFENSA DA
ATENCIÓN PRIMARIA E DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO DAS
PERSOAS DA CULTURA GALEGA

1- Os graves problemas de acceso á asistencia sanitaria coa hexemonía da ineficiente consulta telefónica, listas de agarda que poñen en perigo aos pacientes, falta persoal médico de familia e pediatrías, e péchanse PAC e centros saúde no rural).
2- A aprobación pola Consellaría e o SERGAS, duns orzamentos para a Atención Primaria que supón a metade do orzamento necesario segundo a Organización Mundial da Saúde.
3- O rexeitamento pola Xunta de aprobar un Plan Extraordinario e Urxente, para solucionar a falta de persoal sanitario nos Centros de Suade.
4- O gasto sanitario por persoa en Atención Primaria en Galicia e dos mais baixos do Estado, mentres seguen crecendo os seguros privados. Isto supón un aumento inaceptable da iniquidade na saúde.
5- O incremento da mortalidade evitable e xeral, non explicable pola epidemioloxía, e o resultado do desmantelamento da Atención Primaria, do crecemento das listas de
espera e do colapso continuado dos servicios de urxencias hospitalarias.
Consideramos que a cidadanía non pode aceptar resignada e submisamente o desmantelamento e deterioro da Atención Primaria Pública que pretende impoñer a Xunta, polo que e necesaria súa mobilización, en alianza co persoal sanitario, sometido
a unhas condicións de precariedade, baixos salarios e unha elevada presión asistencial.
Exiximos o restablecemento de todo o eliminado na Atención Primaria Pública de Galicia, a adopción de medidas para reducir as listas de espera e a aprobación dun Novo Modelo de Atención Primaria coa participación social e profesional.
Por todo ilo apoiamos e nos sumamos as medidas propostas na Iniciativa Lexislativa Popular para salvar a Atención Primaria e a Manifestación na Defensa da Sanidade Pública Galega o dia 12 de febreiro en Santiago de Compostela, promovidas pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia
  1. Alba Fernández Álvarez. Creativa, ilustradora
  2. Alba Prol. Directora
  3. Alberto Lobelle. Director
  4. Alberto Vázquez. Director
  5. Alejandra de Diego. Libreira
  6. Alfonso Hermida, xornalista.
  7. Alfonso Zarauza. Director
  8. Alfredo Monde. Escritor
  9. Álvaro Gago. Director
  10. Ángela  Antía Otero – escritora e editora 
  11. Angeles Huerta. Directora
  12. Antón Baamonde, escritor.
  13. Antón Xoan Rajó Pazó, escritor.
  14. Antonio Grunfeld. Director
  15. Anxel Vázquez de la Cruz. Escritor, médico pediatra
  16. Anxos Fazáns. Directora
  17. Antonio Martínez Rial 
  18. Antonio Sandoval Rey, Escritor 
  19. Avelino gonzalez. actor
  20. Beatriz Maceda Abeleira. Mestra.
  21. Begoña Varela. Libreira.
  22. Belén Montero. Videoartista
  23. Berta Ojea, actriz
  24. Borja Fernández Rodríguez. Actor
  25. Camiño Noia . Escritora, catedrática emérita da UV.
  26. Carlos Ares Guionista-Productor
  27. Carlos Blanco. Actor
  28. Carlos Gómez Bermúdez, profesor retirado
  29. Carlos louzao. Fotógrafo
  30. Carlos Martínez Carbonell- Xestor cultural
  31. Carolina Martínez. Xestora cultural.
  32. Cesareo Sanchez Iglesias
  33. Chema Gagino. Realizador
  34. Chus Pato 
  35. Cláudia Morán, Xornalista
  36. Concha Cid-Fuentes, Xornalista
  37. Cristina Barneito. Libreira.
  38. Cristina Jarabo Bueno, Maestra
  39. Cristina Mouriño Regueira , profesora de música 
  40. Curra Figueroa. Escritora, bióloga
  41. Daniel Castro García
  42. Diego Anido Alonso
  43. Dolores Varela. Escritora e feminista
  44. Dolores Vilavedra, Profesora literatura da USC e Consello de Redacción de Grial.
  45. Dora Gondar Bouzada. Química
  46. Elías Torres, decano da Facultade de Filoloxía USC.
  47. Eva Veiga. Poeta.
  48. Evaristo Pereira. Ilustrador
  49. Erica Pereiro Silvosa, gestora cultural
  50. Felipe Peña. Membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, arquitecto.
  51. Félix Soria xornalista
  52. Fernando Cortizo, Director de cine
  53. Fernando Lema Guerra, deseñador gráfico 
  54. Fernando Tato. Actor e director
  55. Fina Casalderrei, escritora.
  56. Fran X. Rodríguez. Director e postproductor
  57. Francisco Cerviño Membro correspondente da RAG, médico.
  58. Gon Caride. Director
  59. Gutier Rolán. Realizador
  60. Héctor Carré. Director
  61. Hector Pose
  62. Henrique Monteagudo, escritor. Secretario do Consello da Cultura Galega. Membro da RAG.
  63. Ibai Quinteiro Recondo. Profesor de ensino secundario.
  64. Isabel Rey- Pintora
  65. Isabel Romero Barciela. Profesora de Ensino Secundario 
  66. Jacobo Lagüela Castro. Director
  67. Javier Lopez Actor de doblaxe
  68. José Antonio González Boullosa, promotor cultural
  69. Jose Ignacio Fungueiriño  gestor culturalv
  70. José Louzao. Realizador
  71. José Maria García Paredes
  72. José Vila.    Farmacéutico 
  73. Juan Galiñanes .Director
  74. Juan Lesta.Videoartista
  75. Lázaro Louzao. Director cine
  76. Lola Aguín Martínez.
  77. Lourenzo Fernández Prieto, profesor de Historia da USC e escritor
  78. Luis Miguel Rosales Diz, editor e programador cultural
  79. Luma Gómez 
  80. Luz Darriba. Artista e escritora.
  81. Lydia Fontoira Membra do Patronato da fundación Rosalía de Castro. Profesora xubilada da USC
  82. Manu Viqueira. Director e postproductor
  83. Manuel Cortés Tallón. Actor, dramaturgo, guionista.
  84. Manuel López Rivadulla, Presidente do Ateneo de Santiago.
  85. Manuel Pena Gómez. Realizador
  86. Manuel Rivas, Escritor e periodista
  87. Margarita Ledo, escritora e directora de cine.
  88. María Armesto-Dramaturga-Directora
  89. María Elena Cuenca Rodríguez profesora de universidad
  90. Mariam Ledesma música
  91. Marilar Aleixandre. Membra numeraria da RAG, escritora, catedrática xubilada da USC.
  92. Mario Diz Otero. Músico 
  93. Mariví Amor 
  94. Marta Domínguez Lloria – Diseñadora
  95. Mercedes Queixas Zas  Profesora e escritora
  96. Mercedes Peón. Musica
  97. Mercedes Rosón Ferreiro
  98. Miguel de Lira. Actor
  99. Miguel Mato Fondo. Escritor, profesor xubilado de ensino medio.
  100. Montse Rivera (Leilía), pandereteira e mestra de baile tradicional
  101. Nacho Ozores. Director
  102. Noemí Chantada .Directora
  103. Norberto Leivas. Director
  104. Olegario Sampedro. Escritor
  105. Obdulia agreda Rodriguez
  106. Pablo Fontenla. Director e Dop
  107. Pablo García. Realizador
  108. Pastora Veres. Escritora.
  109. Patricia de Lorenzo González, Artes escénicas
  110. Pepa Baamonde García – Reformada.
  111. Pepe Formoso Mourelos  Profesor Universitario
  112. Pere Tobaruela, escritor.
  113. Pilar Abades. Directora
  114. Pilar Pallarés. Poeta, profesora xubilada de ensino medio
  115. Sabela Iglesias. Productora
  116. Samuel Lema. Director de Arte e Director
  117. Sandra Montes, directora de cinema
  118. Simone Saibene .Realizador e Comunicador
  119. Silvia Penide, cantante
  120. Sonia Méndez. Directora
  121. Raúl García. Director
  122. Ramón Máiz. Ensaista, catedrático da USC.
  123. Ramón Rozas Domínguez .Xornalista cultural.
  124. Rocío González Lorenzo
  125. Romina Doce. Realizador
  126. Ruth Toledano, columnista y editora
  127. Sandra Sánchez. Directora e editora
  128. Suso de Toro. Escritor
  129. Suso Lista. Escritor
  130. Teresa Morales profesora jubilada
  131. Uxía Pereiro Vaello, Vestiarista
  132. Víctor Freixanes, Presidente da RAG.
  133. Vitor Mosqueira-Actor
  134. Xabier Correa Corredoira. Pintor.
  135. Xabier Jácome Couñago. Realizador
  136. Xaquín, operario do metal
  137. Xavier Alcalá. Escritor, enxeñeiro
  138. Xavier Villaverde. Director cinematográfico 
  139. Xavier Castro, ensaísta e historiador.
  140. Xesús Alonso Montero. Membro numerario da RAG, escritor, catedrático emérito da USC.
  141. Xesús Ron Pereiro,  Artes escénicas
  142. Xoan Mariño, monologuista e promotor de eventos.
  143. Xosé Manuel Soutullo. Editor.
  144. Xoxé Ballesteros Editor
  145. Xulián Maure. Editor, catedrático xubilado de ensino medio.
  146. Xurxo Lobato. Membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, Fotógrafo.
  147. Xurxo Martiño Costa Pérez. Pintor
  148. Yolanda Castaño. Poeta e xestora cultural

CROWFUNDING

Abrimos un crowfunding para costear os gastos necesarios para promocionar a campaña da ILP e a manifestación do próximo 12 de Febreiro en Santiago.

Imos conseguir que todo o mundo o saiba!!

Moitas grazas a todas as persoas que xa estades apoiando, calquera aportación, por pequena que sexa, vai supoñer unha gran axuda.

Aquí tedes o número de conta:

CONTA: ES27 0182 4730 3100 0012 8920. BBVA

Estes son os gastos que precisamos cubrir:

Imprenta- 700€

Cuñas na radio a nivel galicia- 2657,82€

Realización cuña radio- 150€

Iremos avisando por aquí e pola redes do que se vaia conseguindo.

gracias por participar!

Hoxe mércores 25 de xaneiro Recollida de sinaturas xunto ao Obelisco, na Coruña

Hoxe, mércores 25 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, estaremos no Obelisco de A Coruña para recoller sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de fortalecemento da atención primaria.

O tempo que deu o Parlamento para a recollida de sinaturas remata en febreiro e queríamos facer unha última recollida o máis grande posible. 

A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria. 

Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:

– Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.

– Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.

– Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.

– Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.

– Garantir estabiliade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.

– Garantir a participación cidadá.

– Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.

– As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.

– Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.

– Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.

Pedímoslle á cidadanía que se acerque este día para asinar a ILP e apoiar e fortalecer a nosa sanidade pública, a nosa atención primaria.

CONCERTO- DEFENSA CENTRO DE SAÚDE DE SEIXO

16 XUÑO 2022

about:blank

O Cine Seixo acollerá hoxe un evento musical que ofrecerá unha serie de concertos en directo da man dos dúos locais A Revolta, cun estilo folk combativo, e Zeltia Irevire, enfocado ao folk tribal. As actuacións, que darán comezo a partir das 20.30 horas, contarán cun carácter reivindicativo en protesta á situación da sanidade pública de dita parroquia marinense.

Esta iniciativa naceu dun acordo establecido entre o guitarrista de A Revolta, Samuel Acuña, e a cantautora do dúo Irevire, Zeltia Acuña, ambos con raíces en Seixo, motivado polo desexo de tocar no histórico Cine Seixo. Así, en colaboración coa Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, decidiron trasladar o seu apoio á causa defendida por dito colectivo outorgándolle un aspecto cultural e musical.

As entradas anticipadas ao evento estarán dispoñibles en La Panadería de Seixo, e tanto estas como as que sexan adquiridas á entrada do concerto terán un prezo xeral de seis euros.

artigos relacionados DIARIO DE PONTEVEDRA

MANIFESTACIÓN EN O MORRAZO PARA SALVAR A ATENCIÓN PRIMARIA

4-xuño-2022

A veciñanza de Moaña suma máis de 25 domingos consecutivos de mobilización diante da Casa do Mar da localidade. E mentres o Goberno galego non atenda as súas demandas, seguirá a concentrarse ao final de cada semana.

Así o expresou este domingo, 5 de xuño, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, encargada de ler o manifesto que clausurou unha marcha que arrancou da Casa do Concello e finalizou no centro de saúde, na que participaron centos de persoas da comarca.

5.000 persoas toman as rúas de Moaña en defensa da sanidade pública

Mesa Local da Sanidade de Moaña reclama á Consellaría de Sanidade que cubra as vacantes  do persoal médico de tarde, que reabra as urxencias e reforce o servizo de ambulancias do Morrazo.

As reivindicacións da cidadanía de Moaña foron secundadas polo Concello e a veciñanza de Cangas, que se sumaron á protesta.

Política de recortes

Censuraron as políticas de recortes da Xunta e as consecuencias da perda paulatina de orzamentos, profesionais, camas hospitalarias e servizos esenciais externalizados á sanidade privada; entre outros “listas de agarda disparadas, colapso das urxencias e desatención da saúde mental e das mulleres”.

Con todo, subliñaron, a que con “máis intensidade sufriu os recortes foi a Atención Primaria“, con “consultas masificadas, redución de profesionais, sen substitucións, feche de axendas e PAC ao límite”.

Exiximos a restitución inmediata das urxencias na Casa do Mar de Moaña e da atención médica para toda a veciñanza

pandemia agravou a situación, denunciaron e converteuse na “coartada perfecta” para facer de “definitivas” medidas que se anunciaron como “provisionais”.

Mundanzas organizativas

Leticia Santos referiuse ao traslado das urxencias de Moaña a Cangas, que exixe restituír de inmediato. “Levar as urxencias en Cangas supuxo un incremento do tempo de resposta en casos onde a presenza dos equipos médicos é vital”, polo que tamén demanda unha ambulancia para o reforzo da comarca.

“A falta de PAC en Moaña, desde outubro a quenda de médicas de tarde está ao 50%, polo 2.870 persoas non temos médica de referencia. Cada día aténdenos unha persoa distinta se non é que nos derivan a Cangas”.

 Primaria pode perder 40% dos médicos en cinco anos

Cuestionou o seguimento de patoloxías e doentes, así como o silencio do conselleiro de ante a petición dunha reunión urxente.

“Non podemos permitir que se destrúa un ben tan prezado como a sanidade pública”, concluíu. “Exiximos a restitución inmediata das urxencias na Casa do Mar de Moaña, a atención médica para toda a veciñanza e o reforzo de todo o persoal sanitario da Atención Primaria, médico, pero tamén administrativo, de enfermaría, rehabilitación e pediatría“.

Artigos de prensa relacionados

VOZ DE GALICIA

NÓS DIARIO

RECLAMACIÓN DE AMBULANCIAS polas plataformas de O Rosal, A Guarda e Oia

24 maio 2022

As plataformas do Rosal, A Guarda e Oia reclaman máis ambulancias asistenciais no Baixo Miño e unha medicalizada, debido as críticas desatadas porque houbo que facer un traslado a pé dunha camilla desde o centro de saúde ata o helicóptero cun paciente que sufriu un infarto.

Trátanse das ambulancias asistenciais de soporte vital básico, con base nos Concellos da Guarda e Tomiño, as asistenciais de soporte vital avanzado con base en Mos ou Vigo ou a asistencial de enfermería con base en Vigo así como os helicópteros medicalizados, con base en Santiago e Ourense.

O 061 indicou que o venres, tras a valoración clínica do servizo, o medico coordinador especialista da central de coordinación mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, «por tratarse do recurso sanitario máis acertado e cumprindo os protocolos establecidos para o tratamento da patoloxía do paciente». Sinala que as ambulancias de soporte vital básico con base na Guarda e Tomiño atopábanse asistindo respectivamente a dúas emerxencias sanitarias que requiriron traslado de pacientes ao Álvaro Cunqueiro. Manteñen a idoneidade do traslado na aeronave, do que ninguén dubidou, por outra banda, e lembra que a localización dos recursos asistenciais «obedece á análise de varios criterios que se analizan periodicamente».

As plataformas en defensa da sanidade pública do Rosal, A Guarda e Oia sumáronse onte ás voces críticas co ocorrido e denuncian que «pon de manifesto a falta de medios nos centros de saúde da zona». Insisten en que, ao seu xuízo, o numero de ambulancias asistenciais é insuficiente, que fai falta unha medicalizada e tamén persoal sanitario.

imaxe dunha concentración anterior en Tebra ( Tomiño) en agosto de 2021

UNIDADE MOBIL NA MARIÑA- reclamacions Centros de Saude

O veran foi decisivo para a Atencion Primaria e a atención da poboación, pola falta de persoal sanitario, o incremento da poboacion polo turismo nas localidades  e polas vacacions do persoal.

Por iso incrementáronse as mobilizacions, non podemos  resignarnos 

Foi un veran quente de mobilizacions cidadans  

DESCULPAS-ACTUALIZACIÓN DA WEB

Prezad@s amig@s, queremos desculparnos por anticipado polas molestias que vos pode causar a actualización da nosa web no día de hoxe, sobre todo á xente suscrita, pois probablemente vos cheguen tódalas novas publicacións xuntas.

Desde o pasado mes de maio estivemos tan a tope coas diferentes accións e co lanzamento da ILP, que foi imposible seguir o ritmo preciso para actualizar as nosas redes e a nosa web. Sentimos moito o retraso, pero esta finde actualizaremos as últimas novidades pois parecenos moi importante darlle visibilidade ao fruto que está a dar xa o estupendo traballo realizado ata agora.

Moitos parabéns e ánimo, as cousas por fin están a cambiar, grazas a tod@s, seguimos avanzando!!

manifestación en vilagarcia do 14 de outubro de 2022

MANIFESTACIÓN 12 MAIO- Vigo

O vindeiro xoves día 12 de maio ás 20 horas, as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública – SOS  Sanidade da Área Sanitaria de Vigo, convocamos unha manifestación para Salvar a Atención Primaria e Recuperar a Sanidade Pública desmantelada polo PP.

               Reivindicamos unha:

1.      Atención Primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo ás persoas enfermas.

2.      Atención Hospitalaria con capacidade para atender ao 10% da cidadanía e acabar coas listas de espera que están a danar gravemente a saúde da poboación.

3.      Contratación digna do persoal que permita unha atención de calidade.

               Todas estas reivindicacións son compartidas por todalas Plataformas que integran SOS  Sanidade Pública de Galicia.

               En decenas de pobos, vilas e cidades de toda Galicia ,multiplícanse as mobilizacións para acabar con esta situación, aínda que teñen pouca repercusión mediática fore das localidades onde se celebran.

               É o momento de volver unir forzas e facer visible o descontento de toda a poboación galega coa política sanitaria da Xunta que está tentando  o desmantelamento sistemático da Atención Primaria e da Sanidade Pública, polo que animamos a todas as Plataformas de Galicia a apoiar esta gran mobilización, repetindo as grandes mobilizacións de Santiago. 

               As Plataformas e organizacións que podan, deberían emitir comunicados de prensa de apoio e na  medida que lles sexa posible, estar presentes coas súas pancartas en Vigo.

               Se non loitamos  todxs, perderemos o dereito a ter unha sanidade publica, de calidade, universal, accesible e equitativa. 

               A Xunta ten unha estratexia de desmantelamento e privatización, que a cidadanía non pode permitir e debemos dicirllo na rúa para cambiar no posible esa estratexia e poder seguir mantendo o ben máis preciado que temos que é a saúde.

               Animádevos e participade na gran mobilización de Vigo o 12 de maio as 20 horas.!!

MANIFESTACIÓNS EN MOAÑA- máis de 5000 persoas, máis de 20 domingos consecutivos

O pasado 24de abril máis de 5.000 persoas marcharon polas rúas da localidade para denunciar o desmantelamento da Atención Primaria na localidade e reclamar a recuperación das urxencias médicas.

ver atigo completo de Fran.G.Sas e de Cristina González no Faro de Vigo

As reclamacións da veciñanza de Moaña a prol dunha sanidade de calidade non dan tregua. Após 20 domingos consecutivos de mobilizacións a favor da recuperación dos servizos médicos no centro de saúde, máis de 5.000 persoas manifestáronse na localidade en defensa dunha sanidade de calidade.

A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, sinalou ao remata da marcha a Nós Diario que “vivimos de celebrar unha manifestación con moito éxito para reclamar o que vimos demandando 20 domingos consecutivo, após uns retallos sanitarios que deixaron sen médico de referencia a máis de 2.700 veciños”.

A mobilización, convocada pola Mesa da Sanidade de Moaña, reclamou a volta das urxencias médicas á vila do Morrazo. A este respecto, Santos lembrou que “coa escusa da pandemia levaron para Cangas as urxencias argumentando que o centro de saúde de  Moaña non cumpría coas condicións necesarias, porén o PAC de Cangas presenta as mesmas características técnicas”.

Urxencias en Cangas

Leticia Santos advertiu que co “traslado das urxencias a Cangas incrementáronse os tempos de resposta do servizo de ambulancias cando se require persoal médico o que provoca graves retrasos na atención”.

A rexedora de Moaña urxiu ao “reforzo dos servizos de ambulancia, xa que se deron varios casos en que a atención médica non chegou coa suficiente rapidez e isto restou oportunidades a varias persoas que acabaron perdendo a vida. Nunca saberemos se se podería ter dado un resultado diferente”

Santos asegurou que “seguiremos a convocar estas mobilizacións até que a Consellaría entenda que as nosas demandas son xustas e que o que pedimos é ter unha Atención Primaria digna e uns servizos de urxencias en Moaña”.