Podes colaborar con nós de moitas maneiras, de xeito individual ou coma colectivo, anímate a participar!
A NIVEL PERSOAL


Colabora coa túa plataforma ou grupo de traballo local (ou crea un se non existe)
Podes ver o grupos existentes cos seus contactos neste mapa e tamén podes crear un grupo local ou plataforma rexistrandoche aquí
Axuda puntualmente coas cousas que sepas facer
Precisamos toda a axuda posible, sempre sen compromiso ningún, cada un colabora como e cando pode. Temos grupiños de tarefas concretas: redes sociais, páxina web, deseño gráfico, audiovisual, comunicación, promoción e marketing, realización de murais… Anótate aquí
Participa no crowfunding
Sumamos cartos para pagar cuñas de radio, lonetas e carteis, calqueira pequena aportación supon unha gran axuda, toda a info aquí
Apoia públicamente a ILP
Rexistra o teu apoio aquí, o listado de apoios aparecerá na web
Faite establecemento colaborador
Se tes calquera tipo de establecemento podes axudar difundindo información ou participando en actividades puntuais como as recollidas de sinaturas. xa participan farmacias, panaderías, kioskos, bares,… podes rexistrate neste enlace
COMO COLECTIVO

Forma parte activa de SOS SANIDADE
Súmate activamente a algunha das plataformas existentes ou participa na creación dunha plataforma local , contacta con nós pinchando AQUI

Faite establecemento colaborador
Se tes un local o espazo aberto ao público podes axudar difundindo información ou participando en campañas puntuais como recollida de sinaturas, organización de conferencias.. Anótate AQUI

Apoia asinando o manifesto
O apoio público non compromete a nada pero supón un gran respaldo para nós a nivel mediático, O listado de colectivos que apoian faráse público na web,
Podense anotar colectivos de calqueira tipo a través deste ENLACE
Datos importantes
Un 10% dos nenos galegos non teñen pediatra
datos ofrecidos pola propia Xunta de Galicia a través do Valedor do Pobo
Para agravar a situación A Xunta de Galicia en 2023 soamente convocará 620 plazas mir das 725 disponibles polo Ministerio. Desde que goberna o Partido Popular en Galicia o Sergas decidiu non convocar 180 plazas de médicos de familia que tiña concedidas polo Ministerio de Sanidade
A Consellaría e o SERGAS, aprobaron para 2023 uns orzamentos que supón a metade do orzamento necesario según a Organización Mundial da Saúde. Un ridículo financiamento do 14% do gasto sanitario comparado co 25% que deberíamos ter según a OMS.
Dr. Manuel Martín.
