MANIFESTO

Aqui debaixo tes o texto completo do noso manifesto, podes apoialo públicamente, a nivel persoal ou como colectivo, a través deste enlace

MANIFESTO EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO EN GALICIA.

Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública damos as grazas a toda a xente que hoxe nos acompaña na Praza do Obradoiro, para dicirlle a Xunta bobernada polo Partido Popular , que non acaptamos a situacion real da sanidade publica en Galicia, consecuencia das inxustificadas baixadas dos orzamentos para a Sanidade aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular, (mentres subían o orzamento doutras consellerías), a Atención Primaria xa atravesaba unha profunda crise estrutural antes da pandemia da Covid-19, con déficit de profesionais pola ineficiente adaptación dos cadros de persoal as necesidades poboacionais, pola non renovación de xubilacións, as baixas sen cubrir, así como as demoras e masificación na asistencia,

A situación de destrución da Atención Primaria Galega está alcanzando un punto de inflexión que vai ser irreversible en breve se non se toman medidas inmediatas:

1- Continúan os graves problemas de acceso á asistencia sanitaria coa hexemonía da ineficiente consulta telefónica, seguen crecendo as irresponsables listas de agarda que poñen en perigo aos pacientes, e aumentan os centros de saúde sen Pediatras e sen os Médicxs necesarios , ademais de peches de urxencias extrahospitalarias (PACs).

2- A Consellaría e o SERGAS, aprobaron uns orzamentos que supón a metade do orzamento necesario segundo a Organización Mundial da Saúde. Un ridículo financiamento do 14% do gasto sanitario comparado co 25% que deberíamos ter según a OMS.

3- A Xunta se nega a poñer en marcha o Plan Extraordinario e Urxente, necesario para solucionar a falta de persoal sanitario, que soporta unha situación de desmantelamento e masificación insostible, debido a política sanitaria suicida levada a cabo pola Xunta desde 2008. Para agravar a situación en 2023 soamente convocará 620 prazas mir das 725 dispoñibles polo Ministerio. Desde que goberna o PP en Galicia o Sergas decidiu non convocar 180 prazas de médicos de familia que tiña concedidas polo Ministerio de Sanidade.

4-Incremento en Galicia da mortalidade evitable e xeral, non explicable pola epidemioloxía, certificado polos últimos informes do Ministerio de Sanidade. Este aumento é consecuencia do excesivo alongamento das listas de agarda. Na actualidade temos mais de un ano en probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas, así como entre 6-12 meses para unha primeira consulta para un especialista.

5- Colapso continuado dos servicios de urxencias hospitalarias debido ao atraso inxustificado nas citas de primeira consulta de Atención Primaria, tanto en ambulatorios coma nos centros de saúde.

6- A Xunta de Galicia é o 2º pola cola de todos os gobernos autonómicos en canto ao gasto sanitario por persoa. Un dato terrible se temos en conta somos unha das comunidades de España coa poboación máis envellecida, o que xustifica a necesidade real de máis gasto sanitario por persoa que na maioría das comunidades.

7- A privatización sanitaria, como por exemplo nun servizo básico e fundamental coma e o transporte sanitario (tanto urxente coma non urxente), que fai tempo que debía estar xestionado de novo pola administración, pois a experiencia está a demostrar que o marxe de beneficio que precisa a empresa privada soamente sae dunha baixada na calidade do servizo, o incumprimento do servizo ou da explotación e violación os dereitos laborais dos técnicos de emerxencias sanitarias das ambulancias. Para agravar a situación os sucesivos concursos para a concesión a empresas privadas van aumentando a contía económica de cada vez, as veces por riba do 50%, xerando un sobrecusto exclusivamente destinado a ser parte do beneficio da empresa. A degradación da sanidade pública ten a consecuencia deliberada e intencionada de beneficiar aos intereses de empresas e fondos de inversión privados, con familiares de altos cargos da Xunta de Galicia nalgúns consellos de administración.

8-Unha Atención Primaria que non cumpre os servizos mínimos necesarios e cunha semana de lista de espera favorece o crecemento de mercado da privada , ainda que . soamente as persoas con maior capacidade económica poden permitirse os seguros privados (na actualidade xa supón un 20% da poboación) e implica a desprotección de gran parte da poboación en o aumento da iniquidade. Débese evitar que a xente poida caer na trampa duns seguros privados enganosos e de lixo, que xa manteñen listas de agarda asi como recortes de probas e intervencións cirúrxicas.

9.- A cidadania no pode aceptar sumisamente unha Atención Primaria Pública pobre e de baixa calidade como a que pretende imponer a Xunta

10- O persoal sanitario, superado pola precariedade, os baixos salarios, a presión asistencial excesiva e as consultas masificadas, estase vendo obrigado a marchar da Atención Primaria, se esta situación se perpetúa podería supoñer o fin dun Modelo de Atención Primaria que ten que ser garantía dunha asistencia sanitaria universal, accesible, equitativa e de calidade a toda a poboación galega.

Por todo isto, desde as organizacións que integramos a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, esiximos un cambio urxente da política sanitaria da Xunta que poña en marcha medidas extraordinarias e inmediatas, polo que esiximos a o SERGAS e o Goberno Galego:

  • Un Plan Extraordinario e Urxente de medidas para afrontar a crise e o desmantelamento actual da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público en Galicia.
  • A aprobación polo Parlamento das propostas da Iniciativa Lexislativa Popular que presentará a Plataforma SOS Sanidade Pública.
  • O incremento do orzamento sanitario e do gasto en Atención Primaria ata alcanzar o 25% do total seguindo o indicado pola OMS
  • A recuperación de prazas eliminadas
  • Dotación inmediata do persoal mínimo necesario aos Centros de Saúde
  • Un incremento significativo de tódalas categorías de persoal dos Centros de Saúde.
  • Poñer en practica una Políticas de Persoal que favoreza a estabilidade laboral eliminando as inxustificadas contratacións por semanas, días ou horas
  • Poñer en marcha Plans de Saúde dirixidos aos principais problemas e necesidades de saúde da poboación e avaliar a consecución dos obxectivos no nivel de saúde.
  • Activar un plan para utilizar plenamente os recursos hospitalarios, para rematar coas irresponsables e perigosas listas de espera nas consultas hospitalarias, probas diagnosticas e intervencións cirúrxicas.
  • Poñer en marcha as medidas adoptadas no Consello Técnico de Atención Primaria e darlle continuidade como Mesa de Negociación, para elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia.
  • Que o Goberno galego exixa a derogación da lei 15/97 por ter suposto a legalización do “negocio da sanidade” no que o sector privado obtén desorbitados beneficios a costa de crear sobrecostes e realizar o espolio da sanidade pública
  • Pedir o cesamento inmediato dxs responsables políticos desta grave situación, pois A Xunta de Galicia do Sr. Alberto Nuñez Feijoo, é actualmente do Sr. Alfonso Rueda Valenzuela, é a única responsable dos problemas actuais consecuencia da destrución da Atención Primaria en beneficio da Sanidade privada

Queremos agradecer a poboación, organizacions e institucións o esforzo para poder celebrar esta gran manifestación unitaria e chamamos a seguir traballando na recollida firmas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular para “Salvar e Fortalecer a Atención Primaria; manter as mobilizacións de protesta pola situación de destrución do sistema sanitario; e realizar pronunciamentos institucionais.

É necesario restablecer todo o eliminado pola desastrosa e destructiva mala xestión do PP e introducir medidas urxentes que resolvan todos os problemas actuais , mediante a aprobación dun Novo Modelo de Atención Primaria, acordado coa participación da poboación e o persoal que traballa nos Centros de Saúde.