A asociación galega de defensa da sanidade pública apoia a folga sanitaria de Monforte

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Galicia, apoia as mobilizacións d@s compañeir@s de Monforte e insiste en que a modificación da Lei Galega de Saúde, so prexudica @s traballador@s e privatiza o Sistema Sanitario Público Galego. As reivindicacións de Monforte son as mobilizacións da xustiza e a posibilidade de que a Sanidade siga sendo Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade. Ánimo e adiante. Un saúdo.

A folga convocada polo persoal do hospital Comarcal de Monforte co apoio cidadán da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública esta sendo un éxito.

 Esta mobilización social e profesional é a continuidade da que toda Galicia protagonizou o pasado 4 de febreiro convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública en rexeitamento da reforma da Lei Galega de Saúde, ca que pretenden desmantelar as Áreas Sanitarias e os hospitais comarcais, consolidar a marxinación da Atención Primaria, estender a xestión privada mediante os chamados “chiringuitos”, privatizar a investigación ou acabar coa participación social.

 A loita de Monforte é a loita de toda Galicia contra o desmentalmento e privatizacion da nosa Sanidade Pública. A folga debe ter o apoio xeral da cidadanía galega e d@s traballador@s da saúde.

 Dende  a Plataforma SOS Sanidade Pública, consideramos necesario apoiar, manter e ampliar as mobilizacións, ata conseguir a derogación da reforma da Lei Galega de Saúde e a recuperación dos recortes e privatizacións do Sistema Sanitario Público de Galicia.

AGDSP

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s