SOS Sanidade Pública convoca unha concentración diante do Parlamento Galego o 20 de marzo, para pedir a retirada da reforma da lei galega de saúde

SOS-SP-Concentracion-20M-as10-2018 (1)-1.png

O próximo día 20 de marzo o Pleno do Parlamento de Galicia debate a reforma do proxecto de Lei de Saúde de Galicia, pese as demandas do resto dos grupos da oposición En Marea, PSdeG e BNG , que pediron a paralización da súa tramitación parlamentaria,  trala multitudinaria manifestación de rexeitamento social nas rúas de Santiago.

O goberno tamén rexeitou todas as emendas de devolución e non contestou á petición de abrir un proceso de diálogo suscitada pola Plataforma SOS, convocante desa manifestación e doutras moitas mobilizacións nas áreas sanitarias afectadas pola contrarreforma.

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública consideramos inaceptable a actitude de cerrazón do goberno da Xunta e reiteramos a petición de  retirada dun proxecto que desmantela os hospitais comarcais; somete á Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias, en detrimento dá promoción e prevención de saúde; privatiza a formación, investigación e  innovación sanitaria; recorta a participación social non control do SERGAS; e favorece a creación de chiringuitos, para laboralizar o persoal, potenciando o favoritismo na contratación do persoal sanitario.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s