Os sindicatos do Hospital de A Coruña presentan unha denuncia xudicial pola situación das urxencias

urxencias titular

Reproducimos aquí a denuncia xudicial da comisión de centro hospitalaria ante a inaceptable situación das urxencias do hospital de A Coruña.

A dirección do sergas non aprende, insiste en non substituír en atención primaria, en bloquear as axendas de citas deixando aos pacientes sen médico e sen abrir todas as camas dispoñibles (hai unha planta libre no Maternoinfantil que precisa preparala para recibir pacientes, agora non se pode utilizar tal como está).

Chega un resfriado e empezan os colapsos das urxencias, chega a gripe e aparece o CAOS. Non se prevé melloría da situación xa que o pico da epidemia de gripe está empezando e presiblemente durará aínda 1-2 semanas.

Temos que movernos para defender a NOSA sanidade pública. SOS Sanidade Pública realizará unha concentración en cada comarca galega o día 24 de xaneiro (na Coruña será no Obelisco ás 8 da tarde) e unha manifestación galega o domingo 4 de febreiro que sairá ás 12 da mañá da Alameda.

denuncia-1

denuncia-2

Denuncia xudicial da comisión de centro do hospital de A Coruña_3xaneiro2018

 

2 opiniones sobre “Os sindicatos do Hospital de A Coruña presentan unha denuncia xudicial pola situación das urxencias

  1. Esto e o que deberian facer todos os pacientes,cando se producen anomalias nos centros de Urxencias e nos propios centros de Saude ou nos Hospitais facendo reclamacions por escrito. Porque asi queda constancia da nosa denuncia, e non insultar ou agredir a os Profesionais que non teñen culpa dos recortes que o PP e Feijoo,estan levando a cabo para desprestisiar a Sanidade Pública en favor da Privada.Polo tanto nos tamén temos a nosa responsablidade cando os votan a estos impresentables.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s