Publicado na Voz de Galicia o 3 de xaneiro de 2018
Listas de espera dunha semana para a cita de médico de familia, bloqueos de axenda (cando se bloquea axenda o paciente non pode pedir cita ese día salvo que vaia por urxencias), intersubstitucións nas que se carga o traballo aos médicos que quedan no centro, prolongacións de 3 horas (que obviamente non cubre o traballo das 7 horas da xornada normal) é, de novo, a cobertura que fai o sergas das ausencias en atención primaria.
Audio de Radio Coruña con declaracións de Rexina Basadre, médica do centro de saúde do Ventorrillo:
http://play.cadenaser.com/audio/1514994808_713145/
Deste xeito o risco de erros aumenta!. E, por suposto, se o paciente non obtén cita no seu médico de familia acaba buscando solucións en algún punto de urxencias ou na privada.
Temos que defender a NOSA sanidade pública e reclamar do sergas unha atención sanitaria correcta e segura.
Audio de Radio Coruña de María Seijo sobre as urxencias no Hospital de A Coruña:
http://cadenaser.com/emisora/2018/01/03/radio_coruna/1514985029_603085.html
SOS Sanidade Pública vai realizar unha concentración en cada comarca galega (na Coruña será no Obelisco) o mércores 24 de xaneiro ás 8 da tarde e unha manifestación en Santiago de Compostela o 4 de febreiro, con saída ás 12 horas da Alameda.
Defende a NOSA sanidade pública!