MANIFESTACIÓN 4 FEBREIRO

Mil gracias a todas as persoas que participachedes na exitosa manifestación de Compostela, máis de 50.000 persoas defendendo a Sanidade Pública e reclamando que se adopten as 13 medidas necesarias para resolver os graves problemas da nosa Sanidade Publica, sen dúbida consecuencia da destructiva mala xestión da Xunta de Galicia durante anos. Como sabedes se presentara xa unha Iniciativa Lexislativa Popular coa que gracias as vosas sinaturas ( á ILP con máis firmas da nosa Historia) debateuse a aprobación destas no Parlamento Galego, e que finalmente non foi aprobada polo voto en contra do Partido Popular.

Podes obter máis información:

– sobre as 13 medidas aquí

-sobre a ILP aquí

O pasado 5 de decembro de 2023 convocamos nunha Rolda de Prensa celebrada en Santiago de Compostela esta manifestación para o día 4 de Febreiro

Deixar un comentario