Encheuse de novo a Quintana! A cabeceira da manifestación entraba na Quintana cando o final estaba aínda saíndo da Alameda, na Senra.
Pídese un cambio da política sanitaria! Parar os recortes! Aumentar os recursos! Eliminar a precariedade! Recuperar as Áreas sanitarias eliminadas coa reciente lei galega de saúde (Monforte, Salnés, Mariña, O Barco)! Dignificar a Atención Primaria! Atender ás reivindicacións dos PAC! Facer contratos estables aceptables para fidelizar e atraer profesionais! Reducir as listas de espera!…
Feijoo cambiou a axenda da súa viaxe institucional a USA, abandonou aos empresarios aos que acompañaba para irse a unha manifestación da extrema dereita en Madrid. Non quixo saír na foto, no palco de honra, pero deixou aos empresarios tirados para ir ao acto patrio e mentres tanto a sanidade pública afundíndose.
Coidar da saúde das persoas ten máis importancia que fomentar o negocio ou ir ás manifestacións da extrema dereita. Aprende Feijoo! A Quintana falou e ensina.