Comunicado da Asociación Galega de Medicina de Familia sobre a situación da atención primaria galega

Captura de pantalla de 2018-12-06 15-01-19.png.png

LIGAZÓN AO COMUNICADO NA WEB DE AGAMFEC

Comunicado da xunta directiva de AGAMFeC sobre a situación da Atención Primaria Galega

Ante a situación de progresivo deterioro e precariedade da Atención Primaria (AP)
galega e as medidas preocupantes e, mesmo posiblemente ilegais, que veñen de tomar
os nosos directivos, como é contratar médicos en formación para suplir deficiencias de
plantilla, a xunta directiva da nosa sociedade quere facer as seguintes consideracións:
– A situación de deterioro témola denunciado e comentado á consellería dende
hai anos nos congresos e outras entrevistas ou contactos que temos feito. A falta
de atención as nosas sinais de alarma derivou na situación insostible actual. A
situación de cara ó futuro aínda será máis complicada pola falta de política de
apoio á formación médica.
– A nosa sociedade, xunto coas demais sociedades de primaria e os colexios
médicos, fixemos propostas durante anos para tentar de solucionar a situación,
mais a consellería non só non levou a cabo nada do aconsellado, perdéndose un
tempo do que agora carecemos, senón que mesmo chegou a desconsideración
cos médicos de familia.
– Temos que repetir alto e claro o evidente: o gran problema da AP é a falta de
financiamento. (Que inclúe persoal, infraestruturas, falta de mantemento,
proxectos, funxibles,… ) A pesar de repetilo, a nosa administración sempre negou
esa evidencia (é un mantra, dicía o conselleiro). Tivo que acudir unha catedrática
de economía da saúde á comisión parlamentaria para poñelo de novo sobre a
mesa: A porcentaxe de gasto da AP en España é un paupérrimo 14% (cando os
expertos defenden un 25%) e en Galicia estamos 2 puntos por debaixo: un 12%,
e o peor é que, nestes anos da crise, aumentou o gasto hospitalario e diminuíu
un 2% o de primaria.
– O que si ven sendo unha mentira repetida é a “falta de médicos”. ¿Como explican
os nosos directivos que cando se convoca unha OPE para 200 prazas veñan 800
candidatos? O que queremos os médicos, como todo o mundo civilizado, son
contratos dignos e estables. Non, como dicía a economista, seguir coa política de
Páxina 1 | 2Comunicado da xunta directiva de AGAMFeC sobre a situación da Atención Primaria Galega – Decembro 2018
menos gasto pero máis contratos. Iso só significa precariedade e contratos-
basura.
– A precariedade na AP foi moitas veces resolta por unha das características
propias do noso nivel asistencial: a lonxitudinalidade. Podíamos atender sen
medios óptimos os nosos doentes suplindo a precariedade polo coñecemento da
súa biografía e historia clínica. A nefasta política de recursos humanos das nosas
EOXIS (sempre preocupadas polos graves problemas hospitalarios) acabou por
crear “a tormenta perfecta” na que estamos metidos e algúns seguen mirando a
ver se escampa…
– Resulta desmoralizante escoitar ós nosos directivos as propostas para solucionar
o colapso da AP. Pensan que todo se arranxa cun simple cambio nas axendas. A
evolución da poboación, a cronicidade e o envellecemento ten que facer ver que
non podemos seguir co discurso de 1500 doentes por médico. Isto é unha visión
simplista. O que debemos é estudar a carga de morbilidade e poñelos recurso en
función desta. ¿Para que, senón, temos a información/estratificación en IANUS?
¿Ou é para controlar a prescrición sen mais?
– Na situación actual de falta de cobertura de vacantes e ausencias fai, ademais,
que estos datos sexan falsos: se no meu centro faltan permanentemente 3
compañeiros, a miña cota non é de 1500, senón de 2000, moitos meses ó ano.
– A lamentable situación dos PAC e da pediatría son unha mostra máis da inercia
e a falta de planificación da organización sanitaria. Non é difícil de ver,
coñecendo o mundo sanitario, a imposibilidade de manter os dispositivos, tal
como naceron, nun futuro inmediato.
Estamos dispostos a colaborar sempre e cando haxa un compromiso explícito e
asinado dun aumento da financiamento da primaria. Estamos fartos de escoitar
medidas e ocorrencias sen apoio orzamentario. Nos hospitais cando se fan
programas de calquera tipo, sempre se acompaña de recursos humanos e
económicos. Somos médicos de primaria, no de segunda e defendemos que non
somos a porta do sistema. SOMOS O SISTEMA SANITARIO. Se non se comprende o
noso papel central e garante da sostenibilidade, seguiremos cavando a fosa do
sistema. Non estamos en tempos de comisións, estamos en tempo de decisións.
Esperamos, que o tempo se esgota.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s