O músico e médico quere facer ver os “recortes na sanidade” e afirma “loitar contra o poder”.
Segundo o SERGAS a xubilación prodúcese no 2013 nun tempo no que practicamente non se facían prórrogas da xubilación “de acordo á legalidade vixente”.
É mentira!, como tantas outras veces, por parte do Sergas. Foi o Conselleiro de Sanidade quen decidíu que non se prorrogaba a xubilación nin a este nin a outros moitos médicos. Agora buscan médicos en calquera sitio e con risco de redución da calidade do sistema sanitario público. Pero durante varios anos non tiveron a máis mínima vergonza en xubilar a xente que quería e aínda estaba en condicións de traballar.
Nun momento de escasez de profesionais é unha irresponsabilidade política e de xestión. Os recortes do PP non prorrogaron a médicos que querían seguir traballando e, por outra parte, precarizaron a contratación dos médicos xoves facendo que bastante xente se fose ben á privada ben a outras CCAA ou a outros países. Unha xestión indefendible!