SOS Sanidade Pública entrega no rexistro da Xunta a solicitude de entrevista con Feijoo

Señor Presidente, desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia queremos reiterar a solicitude de entrevista, que presentamos hai días por correo electrónico á súa secretaria, para tratar dúas propostas:

1. A retirada do proxecto de reforma da Lei Galega de Saúde

2. A apertura dun proceso de negociación coas organizacións sociais, profesionais, sindicais e políticas dunha serie de medidas, para mellorar a Lei e recuperar o Sistema Sanitario Público Galego da deterioración producida polos recortes e as privatizacións, decididos polo seu goberno durante a crise.

Cremos que trala gran manifestación social e profesional do pasado día 4 de febreiro, de rexeitamento da contra-reforma da Lei Galega de Saúde e da deterioración da Sanidade Pública Galega, debería intentarse a negociación destas peticións. Pola nosa parte a man está tendida.

Atentamente

Manuel Martín

Voceiro de SOS Sanidade Pública

escrito de solicitude

Foto 1.jpeg

Foto 2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s