A realidade de hoxe mesmo. Paciente 84 anos con deterioro cognitivo compatible con demencia. Xa ten feito TAC. Solicítase cita preferente para neuroloxía desde o centro de saúde San Xosé de A Coruña. Resultado: 18 de novembro de 2018. 10 meses!!
Lista de espera para unha consulta preferente de neuroloxía en A Coruña: 10 meses. Quen falsea datos? Quen está a xogar coa cidadanía?
Só hai dous nomes e non son SOS Sanidade Pública. Que nos está pretendendo enganar é Almuíña, conselleiro de sanidade, e Feijoo, presidente do goberno galego.
Por iso temos que ir á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo 4 de febreiro. Para DEFENDER A NOSA SANIDADE PÚBLICA