SOS Sanidade Pública vai convocar unha concentración comarcal, no caso de A Coruña será no Obelisco, o próximo mércores 24 ás 8 da tarde, e una manifestación galega o 4 de febrero en Santiago de Compostela.
Hoxe tivemos unha cita na Alcaldía da Coruña, na que estaban presentes Xulio Ferreiro, Alcalde de A Coruña, e Silvia Cameán, Concelleira de xustiza social e coidados.
SOS sanidade pública A Coruña informounos das mobilizacións previstas e os seus motivos:
1 Fundamentalmente é a política sanitaria do PP, de recortes e privatizacións, que está tendo consecuencias no servizo sanitario prestado á cidadanía:
– listas de espera no hospital
– listas de espera en atención primaria
– colapso das urxencias hospitaleiras
– non cobertura das ausencias nos servizos de atención primaria
2. e, por outra parte, SOS Sanidade Pública parar o proxecto de lei do PP de cambio da lei de saúde porque:
– vai reducir a atención dos hospitais comarcas
– reduce as posibilidades de participación da cidadanía na evaluación da sanidade
– consolida a presenza dos intereses privados na investigación pública e na formación dos profesionales sanitarios.
Tanto o Alcalde como a Concelleira están de acordo na descrición da situación sanitaria, afirmando que apoian as mobilizacións e que respaldarán o posible a súa difusión e participación.
