Proposta da Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública sobre as urxencias

Imágenes integradas 1

Desde hai días os servizos de urxencias hospitalarios en Galicia están sufrindo unha situación critica con demoras na atención aos enfermos entre seis e oito horas en salas de espera e corredores o que incrementan o seu sufrimento e pon en risco o seu saúde. Doutra banda os traballadores atópanse sometidos a un gran estrés que reduce a súa capacidade para prestar unha atención de calidade.

Isto repítese cada ano coincidindo coas epidemias de gripe e outras patoloxías respiratorias invernais e agravouse coa política de recortes de recursos sanitarios públicos do actual goberno especialmente de camas hospitalarias e da Atención Primaria.

Para facer fronte a esta grave situación desde a nosa Asociación propoñemos

1.- Recuperar todas as camas pechadas (un total de 790 desde o ano 2009) para poder hospitalizar aos enfermos atendidos en urxencias que o necesiten

2.- Establecer estruturas de coordinación hospitalaria do servizo de urxencias e os de medicina interna para unha melhor utilización das camas hospitalarias (facilitar altas e ingresos).

3.- Dotar de capacidade resolutiva á Atención Primaria incrementando o seu  orzamento (ata alcanzar o 25% do total), crear novos centros de saúde (ao redor de 60 para toda Galicia), acabar coa masificación ampliando os seus persoais ata alcanzar os 1.250 persoas por coubo, mellorar o equipamento e eliminar as trabas de acceso aos recursos diagnósticos. Unha AP ben equipada e prestixiada evitaría que moitos enfermos vexan nas urxencias hospitalarias como a única solución ás súas demandas de atención urxente. A AP é o único nivel asistencial que garante as actividades de promoción e a prevención e con capacidade para combater a medicalización e o uso irracional dos recursos.

4.- Fortalecer a atención primaria tamén precisa unha estrutura directiva en atención primaria con obxectivos propios, coordinada coa estrutura hospitalaria pero non dependente como é actualmente nas EOXI. É fundamental que a atención primaria conte cunha estrutura directiva propia, unhas novas xerencias de atención primaria.

 5.- Participación social na avaliación e proposta de obxectivos do SERGAS  das estruturas directivas periféricas, aspecto inexistente neste momento e que o proxecto de lei de modificación da Lei Galega de Saúde reducirá aínda mais normativamente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s