Máis datos sobre a atención primaria e o caos das urxencias

Reproducimos aquí a nota de prensa remitida hoxe pola Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública:

Imágenes integradas 1

Ante a situación de colapso e caos que desde fai tempo, sofren os servizos de urxencias dos hospitais galegos, que obriga a pacientes e familiares a esperas superiores ás 8 horas en cadeiras, por falta de camas de ingreso e ata de padiolas, dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, queremos comunicar o seguinte:

 1.- Esta situación xá a denunciamos dende fai anos, sen que desde o SERGAS se poña ningunha medida correctora, pese á súa reiteración anual, sobre todo no inverno.

 2.- É a consecuencia dos enormes recortes do sistema sanitario galego, co que a Xunta pretende aforrar en gasto público (entre 2009 e 2016 o orzamento sanitario público descendeu un 18.3%) e favorecer ao sistema sanitario privado, que incrementou o seu financiamento con diñeiro público un 40%. Nos hospitais, pecháronse 780 camas; elimináronse 1.795 prazas, 513 de persoal médico e 184 de enfermaría. Esta situación dificulta a hospitalización dos centos de pacientes que se amorean nas urxencias.

 3.- Estes colapsos, responden a dúas causas principais:

 – A falta de camas que impide hospitalizar aos pacientes que se apiñan nas urxencias.

 – A perda de capacidade resolutiva da Atención Primaria, asociada ao descenso do seu orzamento ao 12%, ós recortes de persoal médico (392 en AP fronte a 121 en hospitais), a masificación dos cupos (máis do 50% superan as 1.500 persoas e non deberían exceder as 1.250), a ausencia de novos centros (Núñez Feijoo paralizou a creación de 60 centros de saúde previstos no Plan de Mellora da Atención Primaria) e a non cobertura das ausencias por vacacións, días libres ou baixas por enfermidade do persoal médico. Estas deficiencias da atención primaria empuxan aos pacientes a acudir ás urxencias hospitalarias.

Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, animamos á poboación e ás organizacións políticas, sociais e sindicais, a sumarse activamente á preparación da manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o día 4 de febreiro, domingo, na Alameda de Compostela, as 12 h. en defensa da Sanidade Pública Galega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s