MÁIS DA METADE DOS CONCELLOS DE GALICIA NON TEÑEN PEDIATRA

A Xunta de Galicia segue sen cubrir os servicios mínimos nos centros de saúde, entre as graves consecuencias da súa decisión de baixar o orzamento da da AP a menos da metade do que indica a OMS está a de deixar sen servicio de pediatría a máis dun 10% dos nenos de galicia , según os datos da propia Xunta de Galicia aportados pola Valedora do Pobo. As familias vense obligadas a desplazarse a outras localidades para poder ser atendidos, facendo a veces máis dunha hora de desplazamento en coche cando antes tiñan no seu centro de saúde local unha atención permanente e sen problemas nas citas.

Non se están a cubrir as xubilacións dos pediatras, nin se cubren as vacacións ou os días de asuntos propios, deixando aos pacientes sen servicio. As aparentes solucións da Xunta de Galicia promocionadas nos medios de comunicación tras a gran manifestación en Santiago de Compostela o pasado 12 de febreiro estiveron limitadas a cubrir nalgúns dos casos o servicio con puericultores ou persoal sanitario que non eran pediatras, con contratos de interinidade que rematarán pasadas as eleccións municipais, ou ofrecendo noutros casos servicio dous días á semana, polo que as citas chegaban a ter 3 semanas de espera, obligando aos pacientes a desplazarse aos hospitais, colapsando os servicios de urxencias pediatricas dos mesmos.

O débil argumento do Sr. Comesaña como Conselleiro de Sanidade para xustificar non cubrir unha praza de pediatra dicindo que “un ratio de 108 nenos por pediatra non é eficiente” demostra que a Xunta de Galicia pretende que aceptemos que o concepto de “rentabilidade” debe estar por encima dos Dereitos e das necesidades dos pacientes, algo que evidentemente é moi perigoso pois Galicia é maioritariamente rural e non se pode consentir que se discrimine aos pacientes que non viven en centros urbanos deixandoos sen servicios. Unha política de xestión fracasada que fomenta o vaciado do rural. pois as familias con fillos están a quedar ser servicios mínimos

A Atención Primaria, ademáis de recuperar urxentemente o eliminado irresponsablemente pola Xunta de Galicia, tanto en persoal como en orzamentos, (para poder cubrir así os servicios mínimos), necesita incrementar xa as plantillas dos Centros de Saúde e a participación no gasto sanitario.

Aínda que a lexislación que regula as ILP impediu que se puidese incluir nesta a proposición de incrementos nos orzamentos, a Xunta pode facelo sen problema, e resulta evidente que a Atención Primaria necesita introducir cambios na organización e funcionamento dos Centros de Saúde e incorporar novas categorías profesionais para garantir unha atención integral, dar resposta as necesidades e demandas de Saúde da Poboación. Case a mitade das demandas nos Centros de Saude ten relación con patoloxias mentais e un 30% con problemas musculo-esqueléticos ou respiratorios que mellorarían con fisioterapia.

O modelo actual necesita, ademais de mais recursos, unha adecuación dos mesmos aos cambios na saúde da poboación. Ademais de salvar a AP e necesario fortalecela y modernizala, non se poden volver a repetir algúns erros de xestión do pasado.

Isto é o que se inclue na Iniciativa Lexislativa Popular imprecindible e necesaria que precisamos que o Parlamento de Galicia aprobe o próximo 9 de maio. Vémonos as 10:00h diante do Parlamento!


Capitulo III. Mellorar a estrutura e funcionamento dos Centros de Saúde, Servizos de Urxencias Extrahospitalarios e Servizos de Ambulancias


Artigo 3. Adecuar as plantillas de persoal as necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade
O persoal dos Centros de Saúde establecerase tendo en conta as condicións xeografías, a estrutura da poboación, as situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área Sanitaria.

Para ilo constituirase unha Comisión Especifica na que estarán representantes das organizacións sindicais; organizacions científicas; e das categorías laborais e profesionais que integran os equipos; e organizacions veciñais.

Establecer un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres, salvo que por moytivos xeográficos ou pobacionais se estableza un rateo menor.

As consultas medicas non deberan superar, como norma xeral, 30 o dia, para garantir un tempo de consulta non inferior a dez minutos por paciente, algo necesario para garantir a calidade da atención e unha boa relación medico/a paciente

Incorporar aos cadros de persoal dos centros de saúde novas categorías profesionais como psicoloxía, logopedia, atención tempera, terapia ocupacional, podoloxía, ópticos…e redimesionar as existentes incrementado substancialmente a Enfermaría, Fisioterapia, Traballo Social, Saude Dental. Estes cambios axudarían a desmedicalizar a atención e reducir a presión sobre as consultas medicas.

TERRIBLES DATOS SOBRE AS LISTAS DE ESPERA HOSPITALARIAS

NOTA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP) SOBRE A PUBLICACION DAS LISTAS DE ESPERA NO ESTADO ESPAÑOL  EN DECEMBRO 2021.

1. O SERGAS segue instalado na súa política de reducir a información sobre as  Listas de Espera en Galicia, non publicando a información do mes decembro, como fan o Ministerio de Sanidade e o resto de CCAA . Como non dispoñemos de datos de decembro do 2021, compararemos as listas de xuño do 2019 (antes inicio pandemia)  con xuño  do 2020.

2. Esta información é especialmente importante nun momento en que os pacientes en espera duplicáronse durante a pandemia (un 46% máis respecto ao 2016 en todo o Estado). Este crecemento está acompañado dun incremento da mortalidade evitable (segundo recentes estudos científicos en que o crecemento das listas, incrementou a mortalidade evitable ou en torno ao 40% en homes e ao 30% en mulleres.

3.- Existen serias dúbidas sobre o grao de veracidade e transcendencia dos datos das listas de Galicia. Aínda que a información do Ministerio de Sanidade a coloca no penúltimo lugar na espera cirúrxica; se analizamos as intervencións mais frecuentes, observamos que Galicia ocupa o 5º lugar de 17 CCAA,  en pacientes  en espera por 1000 habitantes, un 11%  máis  que a media española, pola parálise hospitalaria.

4.- Estas esperas son sumatorias, empezan coa consulta solicitada a unha especialidade hospitalaria pola Atención Primaria, o tempo para realizar as probas diagnosticas solicitadas, e unha vez que volve x paciente a consulta, ten  a espera correspondente para a intervención cirúrxica. O tempo de espera cirúrxica, incrementouse un 20%, o de primeiras consultas hospitalarias un 11,7% e o de probas  diagnósticas un 17,3%. Así pois, habería que engadir un mes á espera real que soporta  cada paciente.

5.- A gran prexudicada por esta situación é a poboación que soporta importantes atrasos nos diagnósticos, tratamentos e rehabilitación por enfermidades  curables se se tratasen a tempo.

6.- A beneficiaria, como sempre co PP, é a sanidade privada, que recibe por centos axs paciente en espera non tratados nos hospitais públicos. En moitos destes hospitais, desde as secretarias dos servizos envían a estas persoas directamente a privada (se non o aceptan pasan ás listas ocultas ou Non Estruturais). Neste intre o caso concreto do Hospital de xestión Público-Privada Alvaro Cunqueiro de Vigo é revelador: este Centro que naceu para acabar coas listas de espera de Vigo (segundo Núñez Feijoo) gastase este ano 8 millóns de euros a maiores en enviar pacientes en espera aos hospitais privados de POVISA, Vithas, Concheiro,  Quirón Saúde e Clínica  Gaias.

Desde a AGDSP, consideramos que acabar coas listas de agarda, non pasa por incrementar o envío de pacientes aos centros privados senón por un plan urxente para incrementar a actividade dos centros públicos e acabar coa parálise parcial dalgunhas especialidades.

A falta de infraestruturas e de persoal é unicamente responsabilidade de quen está ao cargo da Sanidade Pública en Galicia dende fai 13 anos: o PP. 

foto das protestas polas lists de espera o pasado 22 de febreiro en Vigo

O sergas debería ter un plan de detección precoz de glaucoma

Entrevista publicada en Laduda.net de Erik Dobaño a Luis García, voceiro na Coruña da Asociación Galega de Prevención de Glaucoma.

ligazón a Laduda.net

Estamos na semana mundial do glaucoma. Luis García actualiza a información sobre esta enfermidade e a actuación do sergas.

duda.net

Luis García: “As listas de espera son, na práctica, unha negativa de asistencia”

ERIK DOBAÑO / Se hai un ano a actividade da sección coruñesa da Asociación para a Prevención do Glaucoma xirou en torno aos problemas de mobilidade cunha palestra organizada en colaboración con EntreNós, laduda.net e outros medios, a Semana Mundial do Glaucoma está neste 2018 orientada a dar conta do “grandísimo descontento social” pola calidade da atención sanitaria que tamén afecta a esta patoloxía, sinala Luís García. “Temos a mellor sanidade pública en canto te chaman, pero mentres esperas nas listas de espera a nosa sanidade está no nivel de calquera país subdesenvolvido”. García remata a entrevista cunha afirmación que dá conta dese enorme descontento do que fala e que se viu reflectido na mobilización do 4 de marzo: “As listas de espera son, na práctica, unha negativa de asistencia”.

– A canta poboación afecta e que efectos ten o glaucoma?

– Calcúlase que a un 2% da poboación. A nivel mundial estaríamos falando da segunda causa de cegueira, só por detrás das cataratas. A única maneira que existe para detectala é a través dun exame do nervio óptico. Require unha cirurxía moi especializada e non todos os oftalmólogos son quen de facela. Vas perdendo visión lateral e, se para, quedas cunha visión de canon de escopeta. Hai grupos de risco, si. Falamos de persoas con antecedentes familiares, de xente que a partir dos 50 anos de idade debería someterse a revisións.

– Como é a atención ao glaucoma no servizo público de saúde?

– Pois lamentabelmente como calquera outra patoloxía: lenta. Non é que poña en dúbida as estatísticas do Sergas, pero cústame crer que a lista de espera está nos 68 días. Ademais, falla a prevención. Mire, esta asociación en Galiza fundouse porque a actual presidenta sufriu o caso de seu pai. O home tiña ben a tensión ocular e ninguén se parou a mirar máis. Non abonda con medir a tensión ocular. Non abonda coas revisións dos oculistas. Hai un par de anos na Coruña había catro retinógrafos, que son os aparatos precisos para valorar o estado do nervio óptico. A prevención debería comezar no médico de familia que derivase ás persoas con antecedentes ao oftalmólogo.

– Non hai moito da dimisión do xefe de oftalmoloxía do Hospital de Pontevedra queixándose das listas de espera… Hai problemas en todos os servizos de oftalmoloxía?

– O que sei é que Pedro Corsino é un profesional honrado e prestixioso. Pensou que a atención non era como debía ser. Cansouse de pelexar? Non o sei… o que sei é que a saturación é algo xeral a toda a sanidade galega.

– Vostede fai parte de SOS Sanidade Pública. Como valora a mobilización do 4 de marzo?

– Eu creo que expresou un grandísimo descontento social. A xente está cansa. Está cansa das esperas. E empeza a ver como o deterioro do sistema público ten que ver coas políticas de privatización. Non sei se comprenderon a magnitude do problema… pero ese descontento evidencia que a xente empeza a darse conta de que algo non vai ben, inda que non saben certo o porqué. Por exemplo, non sei se como pacientes comprendemos o que significa a diminución de servizos sanitarios. Mire, na Mariña lucense eliminouse a unidade de neonatos a base de derivar pacientes a Lugo e, despois, dicir que na Mariña non era precisa a unidade porque non había pacientes… Así de basto.

– A plataforma SOS Sanidade Pública é moi crítica coa Lei de Garantías que impulsa o goberno Feijóo. Como explicaría ese rexeitamento?

– Esa lei o que pretende é dar á sanidade pública un lavado de cara que acabe favorecendo á sanidade privada. O que se está facendo é ofertar pacientes á sanidade privada. No futuro, na pública atenderanse só as patoloxías que non lle resulten rendíbeis á privada. E todo ese plan vístese como boa administración. Mentres obrigan aos pacientes a tratarse en centros privados, nos públicos hai salas pechadas. Por riba, esa deriva significa que se perde desde o público o control do paciente…

– Que mensaxe lle gustaría ser quen de fixar nas cabezas dos que acudan á conferencia deste mércores?

– Pois unha moi clara: que a saúde é un dereito cidadán que non pode estar suxeito a intereses mercantís. Que lle parece?

– Un bo resumo…

– Mire, terá escoitado dicir iso de que temos a mellor sanidade pública do mundo. Pode ser certo, pero con matices. Temos a mellor sanidade pública en canto te chaman, pero mentres esperas nas listas de espera a nosa sanidade está no nivel de calquera país subdesenvolvido.

– Nunha charla recente escoiteille dicir que as asociacións de pacientes corren o risco de acabar facéndolle o xogo a intereses alleos.

– Somos unha simple asociación, non podemos coñecer a problemática doutras, estamos en foros como SOS Sanidade Pública porque sabemos que as problemáticas son semellantes e que a mobilización, penso, é agora mesmo o único camiño. Pero direi unha cousa: a sanidade converteuse nun gran negocio. Sabe quen é o principal cliente do sistema sanitario público en España? Pois a industria farmacéutica. Eles son grandes e nós, pequenos.

– Pero, segue confiando na mobilización?

– Non queda outra. Neste momento non vexo outro axente político ou social que poida facer o traballo de SOS Sanidade Pública. E segue sendo insuficiente.

E segue pedindo a SOS Sanidade Pública que traballe en serio na denuncia das lista de espera...
– Sigo… e en máis cousas. Falaba antes da perda de control. Iso ten que ver con que descoñecemos os niveis de eficiencia do sistema privado, que non comparte necesariamente os controis do público. En canto ás listas de espera, se ben é certo que ten que habelas en calquera sistema sanitario, a partir do momento en que esas listas fan moi limitada ou mesmo nula a eficacia do tratamento, convértense noutra cousa. Entón, as listas de espera son, na práctica, unha negativa de asistencia.

 

A %d blogueros les gusta esto: