Vigo non merece este maltrato sanitario de Feijoo

1521478615_274418_1521479700_noticia_normal

Comunicado de prensa conxunto de SOS Sanidade Pública Vigo e o Comité de Empresa de POVISA:

NON A COMPRA DE POVISA POR UNHA ASEGURADORA DOS ESTADOS UNIDOS

POVISA estivo a negociar coa Corporación Centene este contrato de venda mentres presionaba á Xunta, ao persoal e á poboación coa quebra (anunciou un Pre-concurso de Acredores) grazas ao que conseguiu una importante mellora no pago por habitante, ao descontar un elemento importante como é a medicación de alto impacto.

Nuñez Feijoo e o seu goberno ou son cómplices desta trama ou son uns incapaces.

Pola súa banda o hospital POVISA admitiu que mantivo desde hai algún tempo negociacións co Grupo Ribera Salud para a venda do centro.

Coa autorización desta venda Nuñez Feijoo leva ao extremo en Vigo a súa política de poñer en mans norteamericanas os recursos sanitarios públicos de Galicia (a Cardioloxía do hospital Xeral de Galicia foi cedida á multinacional Medtronic e a investigación hospitalaria á farmacéutica Johnson and Johnson).

A Xunta pode, en base ás axudas continuadas a este centro privado non autorizar a venda e exercer o seu dereito a unha compra polos 24 millóns de euros polos que oficialmente se vende (un autentico agasallo) que podería afrontar coa cuarta parte do Fondo de Continxencia da Xunta, que é de case 80 millóns, co que evitaría o endebedamento. O contrato deberá ser revisado tamén pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC). Non sabemos se este agasallo vai acompañado doutras compensacións, dado que se descoñecen os termos do contrato. Hai que lembrar que POVISA recibe uns 84 millóns euros anuais da Sanidade Pública galega.

A aseguradora estadounidense Corporación Centene (propietaria de Ribera Salud) que será a nova dona de

POVISA xa ten demostrado que non é de fiar:

  • A Consellería de Sanitat Valenciana detectou no Hospital de Alzira, do grupo Ribera Salud, sobre custos de 2,6 millóns de euros por irregularidades na atención de urxencias, por facturas inchadas e por dobre facturación.
  • A Fiscalía de Valencia solicitou a imputación dos principais directivos desta compañía por cobrar comisións por vendas de material sanitario dos seus provedores que trasladaba á administración valenciana sen as rebaixas correspondentes. Esta práctica foi cualificada de presunto delito de malversación de fondos públicos e prevaricación polos tribunais.
  • O informe da Intervención Xeral 2003-2012 da Comunidade Valenciana denunciou problemas de opacidade, ausencia de control e mesmo conivencia da Generalitat coas empresas adxudicatarias, como consecuencia da falta de fiscalización da actividade do centro.
  • A aseguradora Centene pechou a súa filial Kentucky Medicaid coa que xestionaba o Servizo de Saúde dese Estado, despediu a todo o seu persoal e cesou a súa actividade deixando sen servizo sanitario a 140.000 pacientes.

A compra de POVISA por Centene incrementa o risco de privatización da sanidade publica galega dado e enorme peso e poder desta multinacional aseguradora, moi superior ao dos actuais donos de POVISA:

  • Centene ocupa o posto número 51 das empresas máis potentes dos Estados Unidos e está investindo tamén en outros países como Chile, Perú ou Eslovaquia.
  • O xigante de EE. UU. pretende cambiar o noso modelo sanitario ao anunciar que aposta por un modelo de xestión onde a Administración financia, controla e é a dona do sistema; mentres eles operan como unha “franquía” que asegura a “boa xestión”.

Ribera Salud posúe os hospitais de Torrevieja, Denia, e Elxe na Comunidade Valenciana e o de Torrejón, en Madrid, grazas aos apoios do PP en ambas comunidades. Concessia posúe o 10% das accións deste hospitale á vez forma parte das empresas accionistas da Concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, o que supón  que a totalidade da atención hospitalaria de Vigo estea controlada por esta empresa (monopolio do servizo sanitario público de Vigo).

Aínda que POVISA tivo unha gran capacidade para influenciar as decisións e recursos da Sanidade Públicade Vigo, Centene terá aínda máis poder para condicionar e chantaxear á administración sanitaria pública.

No proceso de reversión de Alzira á sanidade pública, a compañía estadounidense xa presionou aoembaixador español en Washington para frear o proceso de rescate da Generalitat, como consecuencia oembaixador de Estados Unidos en España advertiu das consecuencias negativas que tería para aComunidade Valenciana a reversión da concesión a Ribera Salud.

É impensable que despois dos 3 a 5 anos de vixencia que restan do Concerto actual, Centene acepterematalo. Tamén é impensable que nestes anos a Consellería de Sanidade dote á sanidade pública dosrecursos suficientes para poder asumir a atención das 137.000 persoas que POVISA atende na actualidade.

Unha multinacional non inviste nun hospital en perdas, polo que é previsible que adopte algunhas medidas para manter o negocio:

1.- Reducir persoal aplicando un ERE e recortar as súas condicións salariais e laborais.

Os traballadores de Alzira tiñan peores condicións laborais cos traballadores do sistema público:

Menos persoal, 200 horas mais de traballo ao ano e un soldo un 15% inferior. O persoal facultativo

tiña unha xornada anual un 12% superior e unha retribución un 11,5% inferior que o estatutario.

2.- Reducir oferta e calidade das prestacións a súa poboación de referencia.

O presidente de Centene deixou recentemente claro que quere “cambiar a forma en que as persoas experimentan a atención médica para que sexa máis simple, mellor e de menor custo”. Centene é unha aseguradora especializada en xestionar servizos de Atención Primaria e Ribera Salud conseguiu a integración da mesma no hospital de Alzira. Por iso é previsible que pretenda facerse cos centros de saúde da área para controlar o fluxo de pacientes ao seu hospital

3.- Obter novas axudas da administración como vén facendo desde sempre POVISA pola súaconivencia coa administración.

En base a estes feitos, parece máis que razoable que o SERGAS non debería autorizar esta venda á Corporación Centene e exercer o seu dereito de compra en base ao interese xeral para a saúde pública deVigo.

A Comisión Europea definiu o interese xeral europeo como “satisfacción das necesidades básicas dos cidadáns e a preservación de bens públicos, cando o mercado falla”.

Desde a maioría do Comité de Empresa de POVISA e a Plataforma SOS Sanidade Pública rexeitamos esta compra por unha contía mínima e denunciamos a perda de oportunidade da Xunta de adquirir POVISA por24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo.

A compra de POVISA por parte da Consellería de Sanidade permitiría garantir unha prestación sanitaria a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados

                                                                                      Vigo, 21 de outubro de 2019

SOS Sanidade Pública presenta un manifesto conxunto con outras organizacións pola mellora da atención primaria e coas esixencias ante a próxima reunión do Comité Técnico

Sergas.grande.JPG

Diante do anuncio da próxima reunión do Comité Técnico de Atención Primaria, na que a Consellería fala de validar o seu regulamento nada máis, SOS Sanidade Pública e outras organizacións profesionais acordan o seguinte manifesto conxunto:

MANIFESTO EN DEFENSA E MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA EN GALICIA

As organizacións sociais e profesionais que o subscribimos este Manifesto, denunciamos que a Atención Primaria sofre unha situación de abandono, marxinación e sometemento como consecuencia dos recortes de recursos e do abandono da promoción e prevención da saúde. O actual modelo de AP se centra na curación da enfermidade e na consulta medica.

Consideramos que os recortes e a precariedade laboral afectan a:

  • Os/as profesionais dos distintos estamentos, integrados/as nos Equipos de Atención Primaria dos Centros de Saúde: medicina familiar, pediatría, enfermaría, servizos de urxencias, persoal auxiliar, PSX, traballo social, hixienista, odontoloxía.. , sometidos/as a unha inaceptable situación de frustración profesional, sobrecarga de traballo e precariedade laboral.
  • Poboación que soporta esperas irracionais para acceder a unhos Centros de Saúde masificados, que non ofertan unha atención integral, comunitaria,  participativa e de calidade.

Por todo isto esiximos:

  • Incrementar o orzamento de AP ata alcanzar o 25% do total.
  • Recuperar as Xerencias de Atención Primaria en mans dos hospitais.
  • Repoñer e  incrementar as prazas de todas as categorías profesionais e laborais perdidas polos recortes nos Centros de Saúde e Servizos de Urxencias (PAC),  para acabar coa masificacion das cotas e Centros de Saúde e garantir a calidade da atención.
  • Recuperar o modelo de Equipos e Saúde Comunitaria, incorporando a novos/as profesionais como psicólogos/as, fisioterapeutas, hixienistas, traballadores/as sociais, para garantir unha atención integral da saúde.
  • Acabar coa precariedade laboral.
  • Reducir a burocracia innecesaria.
  • Establecer con claridade e mediante o acordo, as funcións e tarefas de cada grupo profesional, para proporcionar unha atención de saúde integral.
  • Desenvolver instrumentos de participación social e profesional.

Consideramos que en esta estratexia deberíanse involucrar os Sindicatos,  a todo o persoal dos Centros de Saúde, as súas organizacións representativas e a poboación.

Consideramos que para alcanzar estes obxectivos e necesario combinar medidas de presión e de negociación: os sindicatos nas Mesas Sectoriais e os colectivos sociais e profesionais no Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.

O Consello deberá  ser o órgano onde analizar, debater e aprobar os cambios na AP coa creación de comisións especificas e un tempo de traballo concreto das mesmas.

A gravidade da situación e a urxencia esixe que a administración convoque a estes organismos e os dote dunha auténtica capacidade para negociar e chegar a acordos.

No caso de que isto non fora así, non comprometemos a acordar as medidas de mobilización e presión laboral e cidadá que sexan necesarias.

logo sos sanidade pública a coruña

Comunicado da Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública en relación co 8 de marzo

A Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública apoia a folga convocada para o  dia 8 deste mes polo movemento feminista pola estreita relación entre a saúde e xénero:

1.- Aínda que a esperanza de vida das mulleres é superior ás dos homes (83,4 anos fronte a 80,6),  teñen unha peor saúde xa que so o 70% gozan de boa saúde fronte o 78% dos homes (una diferencia de 8 puntos).

2.- As mulleres sofren unha gran discriminación no tratamento de importantes enfermidades que son unha das principais causas de mortalidade (como no infarto de miocardio) ou vítimas do asañamento diagnostico e terapéutico (como na menopausa ou no cancro xinecolóxico)

3.- Existe unha gran desigualdade nos dereitos sexuais e reprodutivos, que implican a desde a desigualdade na contracepción ata perda de autonomía nos procesos da maternidade, pasando por un trato necesariamente revisable da atención ao aborto.

4.- Non existe en Galicia un Programa de Saúde para a Muller  con perspectiva de xénero que teña en conta as características especificas que afectan á súa saúde. Mesmo a Xunta de Feijoo paralizou o Plan de Saúde da Muller do goberno bipartito.

5.-As mulleres corren coa maior parte da atención sanitaria nas familias: No 54,8% das consultas infantís a madre e a acompañante principal, fronte o 28,8%  dos pais.

6.- O 85% das coidadoras das persoas con discapacidade son mulleres. Isto condena a miles de mulleres galegas a sacrificar boa parte do seu tempo e a renunciar a unha vida activa para atender aos seus familiares, sen soldo nin dereito ás prestacións da Seguridade Social.

7.- As mulleres sofren unha enorme discriminación profesional nos servizos de saúde públicos e privados: Mentres o 50,4% do persoal medico son mulleres  soamente o 20% ocupa postos de responsabilidade na sanidade publica (10% na privada); unicamente 5 dos 52 Colexios de Médicos están presididos por mulleres (9,6%) e  41 das 173 Sociedades Científicas (22,5%). Aínda que o 84,3% das prazas da enfermaría están ocupadas por mulleres o Consello Nacional da Enfermaría esta presidido por un home. O 7% das cátedras de medicina as ocupan mulleres o mesmo que lo 16% das prazas do profesorado universitario titular. As diferencias salariais alcanzan o 27% e o 63,3 % do paro medico o acapara as mulleres.

A muller sofre unha importante discriminación na área da saúde que debe ser corrixida urxentemente mediante a mobilización social.

Por todo isto chamamos a poboación e profesionais da saúde para apoiar os paros e manifestacións convocadas o día 8 de marzo en toda Galicia

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

5 de marzo do 2019

AGDSP

Gran fracaso da Consellería de Sanidade co seu modelo de contrato estable para médicos eventuais: Aceptan 10 de 89 contratos para médicos de familia, 0 de 19 para pediatras. Escoiten e cambien de política! tamén podería dimitir alguén!

Que fracaso! Empezaron por ofrecer as cidades neste modelo de contrato estable. Ofreceron o que podería resultar o máis atractivo de todos os contratos posibles e só conseguiron colocar 10 da oferta de 89 para médicos de familia e 0 da oferta para 19 pediatras. Que ridículo!

Ata puxeron anuncios nos xornais lusos!

Se tan bo é como é posible tal fracaso!!

LIGAZÓN Á OPINIÓN

Captura de pantalla de 2019-03-03 22-25-50.png.png

El Sergas realiza los diez primeros contratos estables a médicos sustitutos

Se ofrece a los sustitutos relaciones laborales de un año como mínimo – Otros 10 facultativos responden al anuncio de Sanidade en Portugal

x. a. taboada | santiago 02.03.2019 | 00:54

Pacientes en la sala de espera de un centro de salud del Sergas.

Pacientes en la sala de espera de un centro de salud del Sergas. fran martínez

Ante las protestas de los médicos registradas en el último trimestre del año por las deficiencias en Atención Primaria y la falta de personal, una de las medidas que tomó la Xunta fue diseñar un nuevo modelo de contratación para los sustitutos que reemplazara al entonces vigente, en el que los facultativos podían encadenar contratos por horas, días o semanas. Ahora, se les ofrece una duración de un año ampliable por otros dos. Y esta oferta ya la han aceptado los diez primeros médicos en Galicia, según informó ayer la Consellería de Sanidade, que no precisó ni el destino ni la especialidad, si bien esta modalidad estaba pensada para reforzar las plantillas de pediatras y facultativos de familia.

A los sustitutos se les ofrece la opción de un contrato estable, pero la aceptación es voluntaria, dado que los médicos pueden seguir, si así lo desean, con relaciones laborales encadenadas. Y, por el momento, una decena de médicos se han sumado al nuevo modelo de contratación, que les representará unas remuneraciones de 61.500 euros anuales, según indica Sanidade.

El objetivo era ampliar la plantilla en al menos 88 médicos de familia y 19 pediatras más. Tanto con facultativos que proceden de las listas de sustitución -como han sido estos primeros diez- como con los que acaben el MIR en el primer trimestre del año en la comunidad gallega.

Esta fórmula de contratación se lanzó la tras la dimisión de más de una veintena de jefes de centros de salud en el área sanitaria de Vigo por la falta de recursos humanos y materiales. El modelo contó un amplio respaldo del sector, como cuatro sindicatos y los colegios profesionales de médicos, dado que los facultativos que se acojan a él tendrán los mismos derechos (vacaciones, permisos, descansos o jornada), obligaciones (guardias) y retribuciones que el resto de profesionales con plaza fija que trabajan en el Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Búsqueda en Portugal

En su estrategia para ampliar las plantillas en especialidades de difícil cobertura, dado que apenas existe desempleo, la Consellería de Sanidade busca también médicos en Portugal, tanto gallegos que durante la crisis encontraron un trabajo en el país vecino, como doctores lusos. El pasado fin de semana el Sergas publicó en dos periódicos de tirada nacional un anuncio en el que ofrece trabajo a médicos especialistas en medicina general y en pediatría.

Y según informó ayer la Consellería, de momento ya hay diez personas que ya han respondido a los anuncios y mostraron su interés en incorporarse a la disciplina del Sergas. Pero todavía es pronto para afirmar que acabarán prestados sus servicios en la sanidad pública gallega.

 

Cidadanía de Poio e Sanxenxo constitúen dúas novas Plataformas comarcais de defensa da sanidade pública

Publicado en Pontevedra Viva. Ligazón á nova en Pontevedra Viva

Captura de pantalla de 2019-02-24 23-26-44.png.png

Usuarios da sanidade pública, persoal, asociacións e partidos políticos poderán unirse á nova Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo que se acordou constituír este domingo durante unha concentración convocada ás portas do centro de saúde de Baltar.

Á reunión acudiron veciños e persoal do centro de saúde e acordouse que á plataforma se poidan sumar todas as persoas e colectivos que o desexen, en igualdade de condicións e coa premisa de que a coordinación sexa levada, a partir deste domingo, por unha persoa que non vaia ir en listas electorais de ningún partido de cara ás próximas eleccións.

As primeiras accións que se consensuaron nesta primeira convocatoria foron a suspensión de concentracións durante os próximos domingos para non interferir nos actos do Entroido, a creación dun grupo de whatsaap no que se irán incorporando todas as persoas que se queiran involucrar na defensa da sanidade pública no concello e facer un chamamento para que acudan ás concentracións que o propio persoal do centro están realizando todos os xoves ás 12.00 horas.

A nova plataforma considera que a sanidade pública é cousa de todas as persoas, polo que, tal como se fai no Parlamento Galego ou nos concellos veciños de Poio e O Grove, deben ser todos os partidos, asociacións e persoal os que a defendan. Este domingo estiveron presentes membros de Somos EnMarea Sanxenxo e a concelleira non adscrita, Coral González-Haba, que levou a moción de defensa de sanidade ao último pleno.

LIGAZÓN á nova no Diario de Pontevedra

Captura de pantalla de 2019-02-24 23-31-08.png