Por fin temos lista a nosa longametraxe onde poderás descrubir os motivos polos que a mortalidade evitable non xustificada pola epidemioloxía segue crecendo en Galicia.
O próximo 24 de maio ás 19:00h teremos unha pre-estrea no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, estades todos convidados. Prégase confirmación aquí
A partir do 25 iremos colgando pequeños cortes para abrir boca ata a gran estrea que faremos próximamente.

Un evento organizado por Sos Sanidade Pública Galega, que realizou esta estupenda longametraxe en colaboración con multitude de colectivos e plataformas.
A película descubrirá de maneira áxil e entretida os motivos polos que a mortalidade evitable, non explicable pola epidemioloxía, segue crecendo en Galicia. Entrevistaranse a expertos e profesionais que analizarán as causas.
Ás 18:30 realizarase unha rolda de prensa no propio Auditorio de Galicia, ao que acudirá o protavoz da plataforma Manuel Martín e así como representantes de distintas plataformas.
Tras o pase da película terá lugar unha charla coloquio cos protagonistas, que sen dúbida será interesante para reflexionar sobre as posibles solucións #ante esta terrible situación actual.
Esta necesaria cinta comezará o seu percorrido por Festivais internacionais mentres que o público poderá vela completa na propia web http://www.sossanidade.com a partir do día 25 de maio.
Tamén se realizarán visionados en bibliotecas, cineclubs, centros socioculturais e centros educativos. Desde a organización convídase a que calquera colectivo poida organizar pases da película sempre que sexa sen ánimo de lucro, soamente é necesario solicitar a copia a través da web.
Ademais de analizar os motivos deste aumento da mortalidade antes citado, sen dúbida relacionado coas inexplicables listas de espera que seguen crecendo, ( tanto para atención hospitalaria como para a atención primaria), tamén se mostrará como se atopan os centros de saúde sen servizos mínimos e os PACs pechados, que trae como consecuencia un colapso permanente das urxencias hospitalarias.
A película tamén dará seguimento ao proceso da Iniciativa Lexislativa Popular, que tras varios meses de recollidas de firmas e de realizar concentracións diante dos centros de saúde, ademais de grandes manifestacións como a que congregou a máis de 50.000 persoas na praza do Obradoiro de Santiago o pasado mes de febreiro, foi debatida e presentada recentemente no Parlamento Galego.
Multitude de persoas por toda Galicia mostraron a súa decepción e frustración nas redes sociais ante a inesperada resposta da Xunta, que aproveitando a súa maioría absoluta no Parlamento de Galicia decidiu votar en contra das medidas ditadas polos expertos e apoiadas pola maior recollida de firmas da Historia galega
Desde Sos Sanidade manifestaron o seu asombro ante esta reacción inesperada, e afirmaron que non comprendian que faltase ao pleno o Presidente o Sr. Roda así como a maioría do seu Goberno, mostrando con iso unha gran falta de responsabilidade, ao ser este tema sen dúbida o máis prioritario na actualidade entre as preocupacións de lla poboación.
Por último os seus representantes quixeron mostrar agradecemento ás máis de 30 plataformas constituídas para a defensa da Atención Primaria, a todas as persoas que apoiaron a ILP coa súa firma, e a todos os colectivos e partidos políticos que lles apoiaron e acompañado no proceso, anunciando que continuarán avanzando e denunciando esta situación insostible ata que a Xunta cambie a súa política de xestión sanitaria e tome medidas reais para resolver todos os problemas actuais.