O CONSELLEIRO DE SANIDADE VOTA EN CONTRA DE QUE A ESPERA PARA SER ATENDIDO NO CENTRO DE SAÚDE NON PASE DE 48 HORAS

Histórico día no que o Parlamento de Galicia non aprobou as medidas urxentes e necesarias dictadas polos expertos para resolver os problemas da sanidade galega debido ao voto en contra de todos os parlamentarios do PP.

¿cómo é posible que ante unha proposta de medidas que chegan a debatirse gracias á recollida de firmas máis grande da nosa Historia e tras meses de concentracións e grandes manifestacións denunciando a falta de servicios mínimos nos centros de saúde falten ao pleno o Presidente da Xunta e a maioría do seu goberno?¿cómo é posible que non fose o Conselleiro quen se atrevese a dar unha explicación?

Estas son algunhas das medidas ás que o Partido Popular votou en contra:

  • Garantirase que o tempo de espera para recibir atención nos Centros de Saúde non superara as 48 horas para consultas normais e 24 horas para a demanda urxente
  • As consultas serán presenciais, soó se o paciente o solicita serán telefónicas
  • As solicitude telefónica para pedir cita terá opción fácil para ser atendido por unha persoa en vez dunha máquina
  • A poboación, independentemente do lugar onde viva, terá dereito a acceder á Atención Primaria nun máximo de media hora da súa residencia e sen discriminacións entre o rural e o urbano).
  • O médico de cabeceira poderá remitir aos pacientes as especialidades hospitalarias mediante un informe co xustifique, sen ter que pasar ningún filtro que retrase a atención .
  • O paciente non poderá ser sacado da lista de espera por negarse a ser atendido nun centro privado
  • se cubrirá o persoal dos centros de saúde según as consdicións xeográficas, a estrutura da poboación, as situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área Sanitaria.
  • Garantir unhas condicións laborais dignas que acaben coa explotación laboral e a inestabilidade do persoal , e permitan que poidan regresar os médicos que tiveron que emigrar fora de Galicia ou que tiveron que marchar a outras especialidades.
  • Convocar anualmente tódalas prazas vacantes mediante Ofertas Públicas de Emprego

Estupenda presentación de Vanessa Viquendi , que de xeito claro e conciso explicou os detalles de porqué é necesario aprobar todas estas medidas , describindo a terrible realidade que se está a sufrir nos centros de saúde , que seguen na actualidade sen cubrir os servicios mínimos .

Tristemente se limitaron a negar a realidade, ignorando a todas as familias , a todos os pacientes que están detrás das firmas . Se limitaron a utilizar o poder que lles da a maioría absoluta sen pensar que os votantes do PP tamén queren ter médico de cabeceira e pediatra, e que calquera persoa pode agora leer a ILP e ver cales son as medidas que se negaron a aprobar.

Ata o de agora podía ser que houbese dúbidas sobre si a terrible xestión destructiva da sanidade por parte da Xunta de Galicia era un erro, ou era incompetencia. Agora quedou claro que non. Cando alguén diante dunha víctima , neste caso os pacientes que reclaman os servicios mínimos, é capaz de dicir que non é certo, que a nosa Sanidade é das mellores de España e non resulta necesario aprobar novas medidas, queda claro que todo isto é unha estratexia e que o único que parece importarlles e contar unha realidade paralela para que difundan na TVG e nos medios de comunicación , difundir nunha propaganda xa non pode creer ninguén.

O Conselleiro de Sanidade saiu da sala deixando a terribel imaxe dun Goberno da Xunta de Galicia que non cumpre coa súa obriga de escoitar á proposta que máis de 50.000 persoas respaldan para que se aprobe no Parlamento Galego. O presidente da Xunta e o resto do Gobernon non asistiu

para ver o debate pincha aquí

AQUÍ ALGUNHAS RESEÑAS NA PRENSA

voz de galicia

el español

el salto diario

Público

cadena ser

onda cero

el diario https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2023/05/10/sos-sanidade-plataforma-ilp-87120290.html?utm_source=whatsapp&utm_medium=social&utm_campaign=btn-share

https://www.abc.es/espana/galicia/parlamento-rechaza-tramitacion-ilp-sos-sanidade-publica-20230509124455-nt.html

europapress

Abc

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s