QUE VAI PASAR O 9 DE MAIO?

Por fin próximo día 9 de maio as 10:00h vaise debatir e votar no Parlamento de Galicia a Iniciativa Lexislativa Popular, sobre medidas urxentes para Recuperar e Fortalecer a Atención Primaria, que inclue todas as medidas urxentes e necesarias dictadas polos expertos para resolver todos os terribles problemas actuais xenerados pola destructiva mala xestión da Xunta de Galicia.

Este é o final dun camiño o que chegamos gracias as máis de 50.000 firmas que lle deron respaldo. Conseguimos a ILP con máis respaldo da nosa Historia!. Parabéns a todas as persoas que asinachedes e tamén a todos os colectivos que participaron na organización de recollida de firmas por toda Galicia.

A defensa da Proposición de Lei na sesión plenaria a fará no nome da Plataforma SOS, Vanessa Viquendi Fernández, do colectivo Pediatras e Matronas Xa ! que forma parte da Plataforma. 

Sen dúbida estamos nun momento histórico que vai marcar o futuro da Sanidade Pública Galega, e de novo estaremos diante do Parlamento, para evidenciar novamente o enorme apoio social a Iniciativa para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria. Vémonos alí!!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s