
Nos últimos anos, tras os recortes de persoal que afectaron á Atención Primaria e os peches de Centros durante a pandemia da COVID, a poboación galega ten serios problemas para acceder á asistencia nos Centros de Saúde.
Galicia perdeu ao redor dun terzo dos seus consultorios de saúde local, nunha década nos que só presta atención un médico.
• Pecháronse decenas de centros de Saúde no rural que o Sergas xustifica polo despoboamento e a falta de persoal, afastando á poboación rural da asistencia sanitaria. Esta situación é preocupante dado que nesta poboación abundan as persoas maiores e os pacientes crónicos e encamados.
• Durante o pasado verán moitos Centros de saúde chegaron a pechar consultas pese ao aumento da demanda por turismo como Baltar en Sanxenxo. En vilas como Bueu, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados a falta de contratación de facultativos obrigou a pechar os puntos de atención continuada (PAC) e a derivar a eses pacientes aos servizos de urxencias dos Hospitais de Montecelo e O Salnés.
• En Cangas, Tui e Tomiño pecháronse as consultas pola tarde. É moi probable que esta situación reprodúzase durante este verán dada a ausencia de medidas da Conselleria de Sanidade para abordar o problema. O peche de consultas pola tarde obriga á PAC para facerse cargo da atención polo que é probable que colapsen as urxencias, que permanecen operativas desde as tres da tarde ata as oito da mañá.
• Pecháronse servizos de ambulancias en numerosas áreas e localidades, poñendo en risco a saúde de persoas que precisan atención urxente
Como resultado a demora para na atención é inaceptable como mostran cifras recentes de numerosos Centros de Saúde como o de Fontiñas cunha demora de entre 6 e 9 días, Concepción Arenal 4 días, ou Vite en 8 días, Milladoiro 6 días ou en Rianxo e Cacheiras, 15 e 10 días
A falta de persoal, o peche de consultas, as demoras na atención, o peche de PAC obriga á poboación para recorrer ás urxencias hospitalarias que se colapsas periodicamente con longas esperas e pacientes nos corredores, especialmente durante as epidemias de gripe e outras enfermidades transmisibles. Esta situación é especialmente grave é máis grave nas áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra, Santiago ou A Coruña.
Para facer fronte a esta situación a Conselleria de Sanidade adoptado algunhas polémicas decisións
• Acordou co Consello Galego de Colexios Médicos “estudar” a modificación do mapa dos Centros de Saúde. A proposta pasa por reagrupar e fusionar centros en determinadas áreas para que teñan outros usos (é dicir pechar consultorios, consultas e PAC)
• Pon en marcha o sistema, chamado XIDE (xestión integral da demanda en equipo) que obriga aos/as pacientes a describir o que lle ocorre a persoal non sanitario e a que este en función das palabras craves coas que conte que lle ocorre, aplique un que lle asigna unha cita. “O que debería ser un acto médico decidirase entre unha persoa que non é sanitaria e unha aplicación informática descoñecida”
Sen rastro dun Programa Especifico e Urxente acompañado dun forte investimento orzamentario para recuperar os recortes de persoal medico e de enfermería e incorporar a novas categorías aos Centros de Saúde.
Para abordar esta situación en la Iniciativa Lexislativa Popular propoñemos
Artigo 5. Garantir a accesibilidade da poboación aos Centros de Saúde, Consultorios
periféricos e Urxencias en condicións de equidade
1. A poboación, independentemente do lugar onde viva, terá dereito a acceder á
Atención Primaria nunhas condicións que garantan a accesibilidade (máximo
de media hora da súa residencia) e a equidade (sen discriminacións entre o
rural e o urbano).
2. A composición dos equipos dos Centros de Saúde deberán adecuarse ás
características xeográficas e de poboación, epidemiolóxicas e da demanda de
cada área e zona persoal dos Centros, Consultorios e Urxencias para garantir
unha atención integral, de calidade e con unha plena capacidade resolutiva. A
composición das plantillas serán establecidas nos Plans de Saúde de Área
Sanitaria.
3. Os Centros, PAC e centros Periféricos deberán garantir o acceso da poboación
rural nas mesmas condicións que a urbana.
4. Os Servizos de Ambulancias adecuáranse as necesidades e demandas de
traslado urxente de pacientes sen discriminación