Hoxe mércores 25 de xaneiro Recollida de sinaturas xunto ao Obelisco, na Coruña

Hoxe, mércores 25 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, estaremos no Obelisco de A Coruña para recoller sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de fortalecemento da atención primaria.

O tempo que deu o Parlamento para a recollida de sinaturas remata en febreiro e queríamos facer unha última recollida o máis grande posible. 

A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria. 

Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:

– Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.

– Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.

– Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.

– Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.

– Garantir estabiliade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.

– Garantir a participación cidadá.

– Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.

– As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.

– Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.

– Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.

Pedímoslle á cidadanía que se acerque este día para asinar a ILP e apoiar e fortalecer a nosa sanidade pública, a nosa atención primaria.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s