Manifestación o 14 de novembro en Santiago: na defensa e recuperación da atención primaria galega

SALVEMOS A ATENCIÓN PRIMARIA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

O que está a suceder na Atención Primaria, e as súas consecuencias para a cidadanía e as profesionais, ten un claro responsable: a política sanitaria exercida durante os últimos 10 anos polo PP e a Consellaría de Sanidade.

Unha política baseada nos recortes e no desmantelamento da Sanidade Pública:
 12 anos continuados de xubilacións das/os profesionais e de contratación en precario, que fomentaban a marcha de profesionais a outros servizos de saúde. Sen que a Consellaría de Sanidade tomase medidas .
 12 anos de recortes nos orzamentos destinados á atención primaria.
 12 anos de desmantelamento das estruturas directivas de primaria, para que ninguén sexa responsable do que acontece.
 12 anos de soberbia sen escoitar as/os profesionais que denunciaban esta situación, e que esixían poder traballar en condicións dignas.
 12 anos negándose a incorporar novos profesionais á atención primaria para garantir unha atención sanitaria integral.
 12 anos de populismo xestionando a sanidade con titulares de prensa.
Agora é a poboación galega e as/os profesionais as/os que sofren as graves consecuencias desta situación, cun goberno galego que segue sen escoitar, e sen tomar medidas efectivas para modificar esta situación.

Mais xa chegou o momento de PARAR ISTO, e dicir NON a:
 Ás colas na rúa para acceder aos Centros de Saúde
 A ter que realizar múltiples chamas telefónicas para conectarse co Centro de Saúde.
 Ás listas de espera de días ou semanas, incompatibles coa Atención Primaria, que colapsan os PACs e as urxencias hospitalarias e favorecen a privatización.
 Ao peche dos Centros de Saúde periféricos que discrimina á poboación rural, dispersa e mais envellecida, afastándoa da asistencia.
 Á consulta telefónica e telemática como eixo da asistencia, en detrimento da presencial, por que pon en risco a saúde e xera desigualdade para a xente maior.
 Ao recorte de persoal e a situación de inestabilidade e precariedade laboral do persoal dos Centros de Saúde


E inaceptable que moitos enfermos teñan que recorrer ao sistema privado para recibir atención sanitaria.É necesario recuperar a atención integral, a promoción, prevención, rehabilitación e traballo comunitario.
E imprescindible ter un orzamento finalista para a Atención Primaria, que supoña o 25% do orzamento sanitario.
E imprescindible ter mais persoal e un Novo Modelo de Atención Primaria digno, integral, accesible e de calidade.

Manifestación o día 14 de novembro
As 12 na Alameda de Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s