CONCENTRACIÓNS 21 ABRIL: Pola RECUPERACIÓN DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO GALEGO

MANIFESTO POLA RECUPERACIÓN DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO GALEGO TRALA EPIDEMIA DA COVID-19.

A utilización política e partidista da COVID-19 por Núñez Feijoo, que acapara toda a información e decisións sobre a pandemia nos medios de comunicación, aproveitando o traballo realizado polo persoal da sanidade pública no seu beneficio politico-persoal.

A pandemia chegou a unha Atención Primaria debilitada a deteriorada polos gobernos do PP, sen suficientes recursos humáns, materiais e organizativos. A Atención Primaria, que tería que ser fundamental para o seguimento, control e tratamento de enfermxs da COVID-19, tanto nos Centros de Saúde como nos seus domicilios, encontróuse ca falta de recursos, que limitou a súa capacidade para poder asumir esas novas funcións e poder continuar atendendo adecuadamente as outras patoloxías e demandas da poboación.

As barreiras de acceso aos Centros de Saúde e ás especialidades hospitalarias (que suspenderon consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas e non poder dedicarse as outras enfermidades non COVID-19), afecta á saúde da poboación e está xerando un gran malestar, tanto do persoal sanitario, como a nivel social; xs profesionais dos centros sanitarios, aos que se culpa pese a ser insuficientes, onde moitxs delxs estan en precario, pero eso sí: sempre comprometidxs.

A dificultade para comunicar cos centros de saúde e para recibir unha asistencia presencial, favorece que a poboación recorra ao sector privado o que incrementa as desigualdades de saúde. Recuperar a consulta presencial e a actividade normal dos Centros de Saúde, non debe supoñer volver á situación anterior de masificación e medicali- zacion da Atención Primaria.

A responsabilidade da situación nos Centros de Saúde e Hospitais é do SERGAS e da Consellaría de Sanidade, de onde saen as ordes para aplicar logo nos Centros.

Seguimos sen ter información transparente da situación de saúde e dos problemas coas vacinas que esta a crear gran preocupación social. A Xunta, aproveitouse desta alarma social, para modificar, por segunda vez, a Lei Galega de Saúde coa finalidade de recortar dereitos e liberdades cívicas fundamentais de xeito inconstitucional. O apoio social á loita contra a COVID-19, debe basearse no acordo e colaboración da poboación e non no temor a unhas sancións represivas e desproporcionadas. Resulta intolerable utilizar a pandemia para unha manobra de claro marketin político. Recordemos que na anterior reforma da Lei Galega de Saúde, quitáronse catro Áreas Sanitarias e a posibilidade da Participación Cidadá.

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, facemos un chamamento a poboación e axs profesionais sanitarixs, para unha gran mobilización cidadá, que esixa o fin da utilización partidista da pandemia e a elaboración dun Plan para a Recuperación do Sistema Sanitario Público en Galicia

Os orzamentos da Xunta, e a financiación que veña da Unión Europea, deben destinarse a incrementar profesionais, darlles estabilidade e evitar a precariedade, mellorar as infraestruturas da atención sanitaria, a investigación de saúde, e aumentar categorías profesionais, como xs Psicólogxs Clínicxs, Terapeutas Ocupacionais, Fisioterapeutas, Logopedas, etc.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, convoca a organizar concentracións-manifestacións en tódalas localidades de Galicia.

O 21 de abril, as 20 horas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s