A mobilización do día 9 de febreiro a favor da sanidade pública galega é un éxito de toda a cidadanía galega.

Captura de pantalla 2018-02-13 a las 18.44.06

da as GRAZAS

Parabéns ás múltiples organizacións políticas, sindicais, cidadás, profesionais, de pacientes comprometidas coa manifestación do 9 de febreiro en defensa da sanidade pública galega, porque:

Fomos capaces de realizar un enorme esforzo unitario, xeneroso e intelixente; organizado actos informativos e de debate sobre a situación do noso sistema de saúde e das políticas da Xunta dirixidas a debilitalo, desmantelalo; repartido folletos informativos nas rúas e redes sociais no que participaron activistas de múltiples organizacións por encima de lóxicas diferenzas, con xenerosidade e lealdade; convocado manifestacións, peches, mesas informativas en números localidades; levado a plenos de deputacións e  concellos propostas de adhesión á manifestación; fretado autobuses para facilitar o traslado de persoas a Santiago; intervido en programas informativos e contestado ás preguntas dos medios de comunicación; informado nos centros sanitarios a enfermos e familiares; realizado entrevistas con autoridades e institucións, etc, etc., con lealdade, xenerosidade e respecto mutuo.

 A pesar do mal tempo miles de persoas acudiron a Santiago nunha das manifestación sanitarias máis masivas, que reflicten o rexeitamento e descontento social coa política sanitaria de Feijoo,  empeñado e desmantelar un do mellores sistema sanitarios do mundo para repartilo entre as súas multinacionais, construtoras, entidades financeiras, fondos de investimento, fondos voitres, farmacéuticas  e empresas sanitarias e non sanitarias.

Os problemas do sistema sanitario cunha Atención Primaria  sumida no deterioro por falta de recursos e sometida á burocracia hospitalaria, os hospitais comarcais en desmantelamento, as listas de espera ocultas e maquillas, as malas condicións laborais do persoal sanitario, as urxencias saturadas,  os hospitais públicos baixo mínimos para enviar pacientes aos centros privados concertados, a planificación, xestión, investigación, desenvolvemento e docencia en mans das multinacionais, etc. móstranos un sistema  sistema en crise.

Puxemos a sanidade na axenda política. É un dos principais problemas políticos da Xunta (e non só da poboación que padece os seus recortes).

O temor de Feijoo polas consecuencias da deterioración política, social e sanitaria levárono a convocar eleccións en Galicia para o próximo cinco de abril, antes de que a crise  desmorone aínda máis a Galicia. Temos que manter e incrementar a mobilización pola defensa e mellora da nosa sanidade pública, en risco real. Probablemente esta non aguantaría catro anos máis de poder dos actuais mandatarios e das súas políticas.

A magnitude do esforzo realizado non caerá en saco roto, Feijoo está cada vez máis nervioso e pretende enganar novamente á cidadanía con promesas de recursos sanitarios que ninguén se cre.

En breve convocaremos unha reunión xeral de todas as Plataformas e organizacións que a integran para deseñar novas accións. 

Manuel Martin

Voceiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s