SOS Sanidade Pública presenta un manifesto conxunto con outras organizacións pola mellora da atención primaria e coas esixencias ante a próxima reunión do Comité Técnico

Sergas.grande.JPG

Diante do anuncio da próxima reunión do Comité Técnico de Atención Primaria, na que a Consellería fala de validar o seu regulamento nada máis, SOS Sanidade Pública e outras organizacións profesionais acordan o seguinte manifesto conxunto:

MANIFESTO EN DEFENSA E MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA EN GALICIA

As organizacións sociais e profesionais que o subscribimos este Manifesto, denunciamos que a Atención Primaria sofre unha situación de abandono, marxinación e sometemento como consecuencia dos recortes de recursos e do abandono da promoción e prevención da saúde. O actual modelo de AP se centra na curación da enfermidade e na consulta medica.

Consideramos que os recortes e a precariedade laboral afectan a:

  • Os/as profesionais dos distintos estamentos, integrados/as nos Equipos de Atención Primaria dos Centros de Saúde: medicina familiar, pediatría, enfermaría, servizos de urxencias, persoal auxiliar, PSX, traballo social, hixienista, odontoloxía.. , sometidos/as a unha inaceptable situación de frustración profesional, sobrecarga de traballo e precariedade laboral.
  • Poboación que soporta esperas irracionais para acceder a unhos Centros de Saúde masificados, que non ofertan unha atención integral, comunitaria,  participativa e de calidade.

Por todo isto esiximos:

  • Incrementar o orzamento de AP ata alcanzar o 25% do total.
  • Recuperar as Xerencias de Atención Primaria en mans dos hospitais.
  • Repoñer e  incrementar as prazas de todas as categorías profesionais e laborais perdidas polos recortes nos Centros de Saúde e Servizos de Urxencias (PAC),  para acabar coa masificacion das cotas e Centros de Saúde e garantir a calidade da atención.
  • Recuperar o modelo de Equipos e Saúde Comunitaria, incorporando a novos/as profesionais como psicólogos/as, fisioterapeutas, hixienistas, traballadores/as sociais, para garantir unha atención integral da saúde.
  • Acabar coa precariedade laboral.
  • Reducir a burocracia innecesaria.
  • Establecer con claridade e mediante o acordo, as funcións e tarefas de cada grupo profesional, para proporcionar unha atención de saúde integral.
  • Desenvolver instrumentos de participación social e profesional.

Consideramos que en esta estratexia deberíanse involucrar os Sindicatos,  a todo o persoal dos Centros de Saúde, as súas organizacións representativas e a poboación.

Consideramos que para alcanzar estes obxectivos e necesario combinar medidas de presión e de negociación: os sindicatos nas Mesas Sectoriais e os colectivos sociais e profesionais no Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.

O Consello deberá  ser o órgano onde analizar, debater e aprobar os cambios na AP coa creación de comisións especificas e un tempo de traballo concreto das mesmas.

A gravidade da situación e a urxencia esixe que a administración convoque a estes organismos e os dote dunha auténtica capacidade para negociar e chegar a acordos.

No caso de que isto non fora así, non comprometemos a acordar as medidas de mobilización e presión laboral e cidadá que sexan necesarias.

logo sos sanidade pública a coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s