Comunicado da Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública en relación co 8 de marzo

A Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública apoia a folga convocada para o  dia 8 deste mes polo movemento feminista pola estreita relación entre a saúde e xénero:

1.- Aínda que a esperanza de vida das mulleres é superior ás dos homes (83,4 anos fronte a 80,6),  teñen unha peor saúde xa que so o 70% gozan de boa saúde fronte o 78% dos homes (una diferencia de 8 puntos).

2.- As mulleres sofren unha gran discriminación no tratamento de importantes enfermidades que son unha das principais causas de mortalidade (como no infarto de miocardio) ou vítimas do asañamento diagnostico e terapéutico (como na menopausa ou no cancro xinecolóxico)

3.- Existe unha gran desigualdade nos dereitos sexuais e reprodutivos, que implican a desde a desigualdade na contracepción ata perda de autonomía nos procesos da maternidade, pasando por un trato necesariamente revisable da atención ao aborto.

4.- Non existe en Galicia un Programa de Saúde para a Muller  con perspectiva de xénero que teña en conta as características especificas que afectan á súa saúde. Mesmo a Xunta de Feijoo paralizou o Plan de Saúde da Muller do goberno bipartito.

5.-As mulleres corren coa maior parte da atención sanitaria nas familias: No 54,8% das consultas infantís a madre e a acompañante principal, fronte o 28,8%  dos pais.

6.- O 85% das coidadoras das persoas con discapacidade son mulleres. Isto condena a miles de mulleres galegas a sacrificar boa parte do seu tempo e a renunciar a unha vida activa para atender aos seus familiares, sen soldo nin dereito ás prestacións da Seguridade Social.

7.- As mulleres sofren unha enorme discriminación profesional nos servizos de saúde públicos e privados: Mentres o 50,4% do persoal medico son mulleres  soamente o 20% ocupa postos de responsabilidade na sanidade publica (10% na privada); unicamente 5 dos 52 Colexios de Médicos están presididos por mulleres (9,6%) e  41 das 173 Sociedades Científicas (22,5%). Aínda que o 84,3% das prazas da enfermaría están ocupadas por mulleres o Consello Nacional da Enfermaría esta presidido por un home. O 7% das cátedras de medicina as ocupan mulleres o mesmo que lo 16% das prazas do profesorado universitario titular. As diferencias salariais alcanzan o 27% e o 63,3 % do paro medico o acapara as mulleres.

A muller sofre unha importante discriminación na área da saúde que debe ser corrixida urxentemente mediante a mobilización social.

Por todo isto chamamos a poboación e profesionais da saúde para apoiar os paros e manifestacións convocadas o día 8 de marzo en toda Galicia

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

5 de marzo do 2019

AGDSP

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s