Hai alternativa política e profesional á dereita! Viuse o 10 de febreiro na Quintana

líderes

MANIFESTO DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA A PROL DA MANIFESTACIÓN DO DÍA 10 DE FEBREIRO DO 2019, AS 12 DENDE A ALAMEDA DE COMPOSTELA ATA A QUINTANA.

A Sanidade Pública Galega está en perigo. Defendámola:

Temos un dos mellores sistema sanitarios do mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde e as máis prestixiosas revistas internacionais; e está sendo derrubado aos poucos, para deixar espazo ao sector privado. As grandes multinacionais sanitarias viron en Galicia unha gran oportunidade de negocio, e contan coa colaboración dese gran comercial que é Núñez Feijoo.

A política da Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, esta orientada a recortar, desmantelar e privatizar a Sanidade Pública Galega: co argumento de afrontar a crise económica, Feijoo recortou de maneira importante os recursos sanitarios públicos: desde o 2008 reduciuse nun 20% o gasto sanitario, suprimido máis de 1.000 prazas de persoal, 500 camas hospitalarias, etc.

O resultado desta estratexia, evidénciase en:

O mantemento e ocultación das listas de agarda, onde se acumulan miles de doentes pendentes de diagnóstico e tratamento. Antes de recibir atención, as persoas enfermas, deben pasar un calvario para acceder ás primeiras consultas, probas diagnósticas e tratamentos cirúrxicos.

A masificación das consultas de atención primaria, nas que o persoal médico debe atender entre 30-40-50-60 pacientes ao día e que conduciu á aparición de listas de agarda nos Centros de Saúde. Moitos pacientes deben esperar máis dunha seman antes de ser atendidos.

A deterioración dos Puntos de Atención Continuada, cuxa falta de recursos e persoal, conduciron a resultados dramáticos como todo o mundo coñece, polo que @s traballadores levan meses en folga.

O colapso dos Servizos de Urxencias dos hospitais, nos que se acumulan pacientes nos corredores en canto aparece a mínima epidemia de gripe ou durante picos de sobrecarga por outras enfermidades. A loita d@s traballadores do servizo de urxencias de Santiago para amplialo e dotalo adecuadamente é un exemplo de altruísmo para mellorar a atención da poboación.

A rebelión dos Servizos de Ambulancias, cuxos traballadores atopanse sometidos a condicións indignas.

A Dimisión d@s Xefes de Servizo de Vigo (que seguen dimitidos, diga o que diga o SERGAS) foi un punto de inflexión no conflito pola mellora da Atención Primaria.

A privatización avanza a pasos axigantados, con resultados desastrosos como o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo sometido a importantes recortes de recursos e persoal, para favorecer o Concerto Singular co hospital privado POVISA, que non reúne as condicións de persoal e servizos similares ás dos hospitais públicos. O amiguismo político, os conflitos de intereses e as portas xiratorias dos xerentes dos hospitais e os cargos públicos, están detrás do trato de favor que recibe este centro. O fracaso da privatización hospitalaria en Vigo móstrao que é o que ten as maiores listas de agarda de toda Galicia.

Aínda que a mobilización popular conseguiu que a creación do Hospital Único de Pontevedra sexa de financiamento e xestión privada, os cambios introducidos pola empresa privada redactora do proxecto ao servizo do PP e do Hospital Quirón, suprimirá recursos para favorecer a concertación con esta multinacional, reducindo para ilo camas, quirófanos, recursos diagnósticos inicialmente previstos, perpetuando así os déficits da área de Pontevedra.

Nuñez Feijoo modificou a Lei Galega de Saude para cambiar o modelo sanitario galego coa finalidade de alcanzar 4 obxectivos estratéxicos:

1.- Consolidar a marxinación e o sometemento da Atención Primaria aos hospitais: o PP aposta por reparar o dano á saúde centrando a súa estratexia na curación, transformando a saúde, nunha mercadoría que pode comprar e vender ao sector privado, en lugar da promoción, prevención e a educación sanitaria que son claves na Atención Primaria. Os Centros de Saúde e os PAC, cada vez máis empobrecidos e marxinados, poderían ser externalizados e subcontratados ao sector privado, como xa fixeron con outros servizos. A rebelión d@s traballador@s de Atención Primaria abre a esperanza de frear e reverter esta situación.

2.- Recentralizar o sistema acabando coa autonomía das áreas e hospitais comarcais:

Elimináronse catro áreas sanitarias.

Están a recortarse e desmantelando os hospitais comarcais, afastando á poboación rural da atención de saúde hospitalaria. Agora as persoas enfermas deben percorrer moitos quilómetros para recibir atención hospitalaria que antes tiñan preto dos seus domicilios. Aquí hai numerosas persoas e persoal sanitario que desde as Xuntas de Persoal e as Plataformas de defensa da sanidade, fixeron fronte a esta política inxusta e discriminatoria.

3.- Consolidar a precariedade laboral e abrir espazo á laboralización do persoal, mediante chiringuitos de xestión privada.

4.- Poñer a investigación, o desenvolvemento, a innovación e a formación do sistema sanitario público galego, en mans de laboratorios, empresas tecnolóxicas, bancos e multinacionais, mediante a creación de organismos de xestión privada nos que o SERGAS pon o financiamento e o sector privado: se fai cas patentes e as innovacións.

Nuñez Feijoo declarou “que pretende transformar o Sistema Sanitario Público Galego no motor para o desenvolvemento empresarial, poñendo o afan de lucro das empresas por encima do dereito á saúde da poboación”.

A Sanidade Pública enfróntase ao dilema de:

· Recuperar os recursos recortados ao longo destes anos e que a está sumindo nunha crise, que pon en risco o Sistema Sanitario Público Galego.

· Entrar nun proceso de deterioración, antesala da súa destrución.

O 26 de outubro de 2018 o estado español, membro da Organización Mundial da Saúde, asina a declaración de Astaná, renovando e reafirmando os principios recollidos xa 40 anos antes, na declaración de Alma-Ata. Isto significa que o Estado e as Administracións Públicas en xeral, consideran “inaceptábel dende o punto de vista ético, político, social e económico, que persistan as disparidades nos resultados sanitarios e a iniquidade na saúde”. No mesmo texto, os 193 países que conforman a Organización de Nacións Unidas, por unanimidade, recoñecen que “os servizos de promoción, prevención, curación e rehabilitación, e a atención paliativa, deben ser accesíbeis a tod@s (…) Xa non podemos (…) tolerar unha atención fragmentada, pouco segura ou de calidade deficiente. Debemos solucionar a escaseza de traballador@s da saúde e a súa distribución desigual. Debemos tomar medidas con respecto aos custos crecentes da atención sanitaria e os medicamentos e vacinas”. Como Plataforma, estamos preocupados pola exclusión sanitaria, que está instalada no noso Sistema de Saúde. Éste, deixa en situación de desatención ás persoas máis vulnerábeis, como son: ás persoas estranxeiras regulares, irregulares ou con dobre nacionalidade; ás persoas maiores de 65 anos; @s menores; ás mulleres embarazadas; ás persoas que precisan atención urxente…

Por todo isto, reivindicamos a cobertura universal dun sistema público, gratuíto, de calidade e accesíbel para todas as persoas, sen que isto poida supor risco de pobreza, nin por en perigo a saúde e os valores que a nosa sociedade ten fixado como innegociábeis: os Dereitos Humanos, a perspectiva de xénero, a interculturalidade e a integración social dende a solidariedade”.

Dende o a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia exiximos a Xunta de Galicia :

REVOCAR A REFORMA DA LEI GALEGA DE Saúde PARA recuperar as 4 áreas suprimidas, recuperar os recortes nos hospitais comarcais, suprimir as EOXIS e restaurando as Xerencias de Atención Primaria e na natureza da Axencia Galega do Ceñecemento para que a Investigación, o Desenrolo e a Formación sexan pública

AUMENTO DO ORZAMENTO na Atención Primaria, ata alcanzar o 25%.

ELIMINACIÓN DA TAXA DE REPOSICIÓN: que se convoquen TODAS as prazas que están vacantes e que se permita a todol@s profesionais que o consideren, seguir no seu posto de traballo, despois dos 65 anos.

OPOSICIÓNS INMEDIATAS para cubrir TODALAS vacantes que existen.

NEGOCIACIÓN DIRECTA CA XENTE DOS PACS para avaliar a problemática e poñerlle solución.

NEGOCIACIÓN DIRECTA COS RESPONSABLES DOS SERVIZOS DE URXENCIAS ata alcanzar unha solución satisfactoria.

CAMBIO NAS CONDICIÓNS LABORAIS da xente que está contratada en precario. Recuperar @s profesionais que están fora do Sistema Sanitario Galego cambiando de forma radical os salarios, os contratos e as condicións laborais.

XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA, en pe de igualdade ca de atención Especializada. Con orzamento propio, autónomo e con capacidade para xestionalo.

TEMPO DE CONSULTA SUFICIENTE, eliminando a burocracia inútil, mellorando a comunicación entre os niveis, mellorando a organización das axendas e a atención urxente durante a xornada laboral.

AUTONOMÍA DOS CENTROS DE SAÚDE con capacidade de xestión organizativa, polo menos, en axendas e substitucións.

REDEFINICIÓN DE CUPOS: persoas máximo en cada cupo: non superior a 1.200.

NON A PRIVATIZACIÓN do Sistema Sanitario Público Galego.

Abrir unha MESA DE DIÁLOGO entre a administración e @s responsables políticos, sindicais e sociais. En pé de igualdade

ELABORACIÓN DUN NOVO PLAN DE MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA EN GALICIA, POR CONSENSO E CANTO ANTES.

Recoñecer que o Sistema Sanitario en Galicia é algo que ten que ter un CONSENSO entre as diferentes forzas políticas, para aplicar durante anos e ir mellorando o perdido por culpa da política do PP.

Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

Compostela 10 de febreiro do 2019 as 12 na Alameda.

Captura de pantalla 2018-02-13 a las 18.44.06

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s