O Movemento Galego de Saúde Mental consigue que se PECHE o cuarto de contención mecánica do Servizo de saúde mental do Hospital da Coruña. Mañá día 19 é a última concentración por este motivo no Obelisco

20181201 foto 3

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN

Días antes de que no Obelisco da Coruña fixéramos a primeira representación pública da contención mecánica, acto que vimos repetindo tódolos sábados dende o 8 de decembro, aínda estaban ingresadas simultaneamente no cuarto de contención de tres camas da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) homes e mulleres.
Polo que fomos sabendo, cando saímos á rúa á Xerencia do CHUAC faltoulle tempo para
ordenar á xefatura do Servizo a retirada da terceira cama. Nas semanas seguintes foi definindo a decisión á que estaba abocada: dotación de dous cuartos para ocupación individual, no suposto de uso de contención mecánica, con previsión de instalación de cámaras para arealización de “vixilancia intensiva”.

20181201 foto 1
Parece que os xestores do CHUAC entenderon algo, pero non todo. Han de saber cales son os límites e o destino no que se move a contención mecánica (téñenos definidos, se os len, nas orientacións do Consello de Europa e na obriga de cumprimento da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade). En particular que as cámaras non substitúen ao acompañamento; que deben crear un rexistro minucioso independente dese Servizo no que se fagan constar os episodios de contención; que deben facer un plan para a redución desta práctica e que hai que reformar e dotar material e profesionalmente dun xeito adecuado a esa Unidade, xa que as súas condicións son evidentes facilitadoras de tratamentos irrespetuosos coa igualdade de tódalas persoas atendidas no CHUAC e os dereitos humanos das persoas ingresadas.
A chamada “vixilanca intensiva” só é neolinguaxe para referirse ao de sempre na Psiquiatría (puro e duro control das persoas) se non é plantexada como intensificación do coidado, que só comenza e é posible coa intensificación da protección dos dereitos das persoas necesitadas dese coidado.
Que doado era pechar ese cuarto! Por que tardaron tanto? Por que non fixeron nada dende que hai case tres anos comenzamos a denunciar esta situación, cando soubemos da morte dunha persoa en contención nese lugar?.
A realidade da existencia dese cuarto era inaceptable dende o respecto obrigado á dignidade humana, e máis aínda por funcionarios públicos. A mesma présa que se deron os xestores do CHUAC para modificala dende que o problema se puxo na rúa co acto do Obelisco, e se comenzou a difundir na sociedade, dinos ata que punto sabían que esto era intolerable. Pero non facían nada.

20181201 foto 2
Pode que co tempo intenten negar mesmo que isto pasou, pero quedan as probas, as
denuncias, as entrevistas en medios de comunicación nas que se chegou a defender a súa
existencia por quen tiña a primeira responsabilidade de impedir a mesma, as preguntas
parlamentarias, as respostas negadoras e evasivas dos gobernantes e do partido que o sostén no Parlamento de Galicia. Queda a acción do Obelisco nas redes e na memoria de quen a protagonizou.
Deixa tras de si tamén o beneficio de ter sacado á luz pública prácticas que ocorren nos nosos hospitais trasladando así á sociedade algo que necesita saber para que poida dicir o que quere que sexan as cousas da atención á súa saúde mental. Deixa tamén a presentación da iniciativa parlamentaria para avanzar cara a superación desta práctica co cumprimento inmediato das orientacións do Consello de Europa, a receptividade e previsión de acción do Defensor del Pueblo e a apertura de dilixencias de investigación penal pola Fiscalía Provincial da Coruña.
E doutra vez ponse diante de nós o valor da mobilización, de sair á rúa, de informar á
sociedade, de non calar; e o efecto balsámico sobre persoas que sufriron esta práctica e que sentiron que alguén lles recoñeceu que foran inxustamente tratadas.
Pero inquietantes cuestións se nos plantexaron e quedan sen responder. Sendo que ese cuarto existía dende hai anos, ¿como pudo sosterse o silencio, convivindo coa súa realidade, por facultativos, anteriores xefes de servizo e profesionais diversos desa Unidade?, ¿como durou tanto o desleixo dos xestores do CHUAC , actuais e pasados?, ¿como foron tan pasivas as asociacións profesionais e de familiares ante estes feitos?, ¿como é que a fiscalía non tiña actuado para impedir a desprotección de persoas coa capacidade de autodefensa reducida?, ¿como a institución da Valedora nin considerou na súa actividade esta cuestión?.
Cremos que a pasividade e o silencio ante a vulneración dos dereitos das persoas é o que
permite que esta se siga a producir, manténdonos no atraso. Esa pasividade fai que pervivan nas nosas institucións sanitarias prácticas que xa se denunciaban e enfrontaban no século XVIII, e que siguen a causar dano ás persoas, tanto ás que realizan esas accións como ás que as sofren, pero sobre todo a estas últimas.
Poñemos así fin á campaña que iniciamos para pechar o cuarto de contención no CHUAC. O cuarto pechouse.
Seguiremos atentamente a evolución do que queda en curso (actuación do Defensor del
Pueblo, investigación da Fiscalía Provincial, tramitación e debate da Proposición non de Lei), e sobre todo a transformación desa Unidade de Hospitalización Psiquiátrica e a evolución da contención na mesma. E tamén seguiremos a traballar a prol da erradicación da contención e da violencia na asistencia ás persoas.
Realizaremos este sábado ás 13 horas, no Obelisco, a derradeira representación desta
campaña. A ela vos convocamos.

En Santiago a 17 de xaneiro de 2019
MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE

Logo movemento saúde mental

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s