Sábado 22 de decembro ás 13 horas no Obelisco de A Coruña. Convoca o Movemento Galego de Saúde Mental contra a Contención Mecánica

Imaxe relacionada

PRESENTADA ANTE A FISCALÍA PROVINCIAL DE A CORUÑA A CUESTIÓN DAS CONTENCIÓNS NO SERVIZO DE PSIQUIATRÍA DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE A CORUÑA (CHUAC)
O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) presentou onte ante a Fiscalía Provincial de A Coruña informe da situación coñecida sobre a contención mecánica de persoas ingresadas no Servizo de Psiquiatría do Hospital de Oza, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), solicitándolle a realización, no seu marco de competencias, das actuacións que procedan para a sua investigación.
Comunicoulle o MGSM á Fiscalía Provincial que comparecía ante esa Fiscalía para darlle a coñecer unha situación que lle ven preocupando dende que a coñeceu hai casi dous anos, ante a que interviu por outras vías (escritos e protestas ante xefaturas asistenciais, xerenciais, e ante o mesmo Conselleiro de Sanidade), e na que considera que se veñen vulnerando os Dereitos Humanos de persoas que se atopan en estado de particular dificultade para a reclamación activa do seu respecto.
Refírese así o MGSM á existencia dunha habitación na que se realiza a contención mecánica de persoas ingresadas na Unidade de Hospitalización Psiquátrica do Hospital de Oza. Nesa habitación (a 131), persoas diagnosticadas de trastornos mentais, son suxeitadas a unha cama mediante contención mecánica, podendo estar ata tres persoas no mesmo espacio simultaneamente suxeitas, sendo o seu uso de carácter mixto (poden conterse no mesmo lugar homes e mulleres), e en ocasións por tempos prolongados.
En febreiro de 2016, en decembro de 2017 e máis tarde en outubro de 2018, o MGSM
denunciou a existencia desa habitación sin que polas autoridades sanitarias competentes se adoptara ningunha medida, ata o momento. É por este motivo polo que se decidiu a comenzar unha denuncia pública reclamando o peche da mesma, e poñer en coñecemento da Fiscalía esta cuestión.
Ao entender do MGSM, con esa actuación, estanse a vulnerar dereitos de persoas que se
deberan protexer especialmente debido á sua especial indefensión.
É así que cree que se dana o seu dereito á intimidade, se lles crea un sufrimiento innecesario, e se incumplen as recomendacións do Comité Europeo para a prevención da tortura e tratos crueis, inhumanos ou degradantes do Consello de Europa (2017) respecto ás medidas de contención en establecementos psiquiátricos para adultos, e mais en particular a 3.5 na que se indica que os pacientes non deberían ser contidos mecanicamente á vista de outros pacientes.
Tamén cree que se ve afectado o previsto na Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade (ratificado por España no 2007), no referido ao compromiso asumido polos Estados asinantes de respectar e promover os dereitos das persoas sen discriminación por motivo de discapacidade, modificar as prácticas e costumes que constituían discriminación,protexer contra os tratos inhumanos ou degradantes e a tortura, e protexer a integridade persoal das persoas con discapacidade en igualdade de condicións que as demais persoas.
Tamén valora o MGSM que non se atende ao proposto na resolución do Consello de Dereitos Humanos da Asamblea Xeral das Nacións Unidas sobre saúde mental e dereitos humanos  (2017) na que se insta, entre outras propostas, no apartado 5, aos Estados a que adopten de maneira activa medidas para incorporar unha perspectiva de Dereitos Humanos nos servizos de saúde mental co fín de erradicar a discriminación e a violencia neses contextos, e a promover a plena inclusión das persoas afectadas en igoaldade coas demais persoas da sociedade.
Considera que non hai motivos de xestión, organización asistencial, ou prioridade directiva que sexan de importancia superior ou xustifiquen a desconsideración á protección da dignidade da persoa ingresada nesa Unidade, á que debera garantírselle sempre, e en calqueira circunstancia, a menor limitación posible á sua libertade e intimidade.
As prácticas como a contención mecánica que lle deron a coñecer considérase que son propias dun pasado manicomial, indignas dunha institución sanitaria como o CHUAC, e ofensivas para calqueira que sexa conscente dos dereitos inalienables das persoas.
Ao mesmo tempo o MGSM continúa convocando ao acto que tódolos sábados dende o
pasado día 8, realiza no Obelisco de A Coruña ás 13 horas na que se presenta a contención mecánica dunha persoa para que a sociedade saiba de que estamos a falar. Esa acción sosterémola ata que esa habitación sexa pechada e se proceda ao cese dos responsables da sua existencia (Xefe de Servizo, Xerente do CHUAC e responsable da Consellería).
En Santiago a 21 de decembro de 2018
MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s