Mañá 15 de decembro ás 13 horas no Obelisco de A Coruña: Non á contención mecánica. Convocatoria do Movemento Galego de Saúde Mental

MGSM_contención.jpg

A contención mecánica é dañina para quen a sofre e para quen a realiza.
A sua práctica na atención a persoas en institucións psiquiatricas está ampliamente
cuestionada por moi diversas entidades e en moitos lugares do mundo: movementos de
afectados en primeira persoa, asociacións profesionais de enfermería en saúde mental, de psiquiatras e de psicólogos, de movementos en defensa dos dereitos humanos. O seu
cuestionamento vencéllase ás verbas dignidade, liberdade, progreso, dereitos, xustiza,…
É coñecida que a sua maior frecuencia vencéllase á carencia de recursos, falla de formación, razoamentos lexitimizdores da mesma e da coerción das persoas, e á carencia de políticas en saúde mental orientadas cara a súa superación.
0Contencións é o obxectivo definido hai anos polas persoas directamente afectadas e con
experiencia de ter sufrido está práctica (colectivos en primeira persoa). É o norte que nos fai falla para orientar o progreso nesta cuestión, xa que ningunha acción de contención mecánica de persoas atendidas en saúde mental pode ser unha elección profesional, senón que moi ao contrario é o indesexable resultado do fracaso das accións terapéuticas que deberan ter sido realizadas para non chegar a esa situación de tan grave restrición da liberdade dunha persoa.
A contención mecánica debe ser previda. Non pode ser defendida. Debemos esixir os medios para evitalas, para avanzar na súa redución no camiño da súa superación.
É obriga dos gobernos cumprir os estándares e convenios internacionais : Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade (2006), do Consello de Dereitos Humanos da Asemblea Xeral da ONU (2017), dos estándares do Consello de Europa sobre medidas de restrición en establecementos psiquiátricos para adultos (2017).
Pero de inmediato débese poñer fin a unha realidade que ofende a tódalas persoas. A que existe na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do CHUAC, na que se vulneran gravemente os dereitos das persoas ingresadas, cunha aplicación da contención mecánica intolerable.
É por iso polo que continuamos convocando á acción de conter mecanicamente unha persoa no espazo público, no centro da Coruña (no Obelisco) tódolos sábados á unha da tarde, para que todos saibamos o que é isto. E así o faremos ata que os gobernantes clausuren ese cuarto do Hospital de Oza e cesen a quen goberna ese Servizo e a quen dende a Xerencia e a Consellería están a permitir que isto ocorra.
A Coruña, 14 de decembro de 2018
MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
http://movementogalegosaudemental.gal/
https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental
https://twitter.com/MGSaudeMental

MGSM_peche cont mecánica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s