Que ocorre coa Psicoloxía Clínica en Galicia?. Mesa redonda celebrada hoxe na Coruña

IMG_20181201_113856

De esquerda a dereita na foto: Víctor Torrado, Alicia Carballal, Rosa Cerqueiro e Miguel Anxo García

Rosa Cerqueiro presentou datos onde se observa unha grande deficiencia de recursos en psicoloxía clínica, na xa infradotada saúde mental de Galiza.

Lembra que segundo os datos da enquisa nacional de saúde aumentou un 45% o diagnóstico (médico) de depresión un 45% en Galiza, superior á media española, e tamén hai un incremento leve de diagnóstico de ansiedade e de trastorno mental grave.

Captura de pantalla de 2018-12-01 20-36-40.png.png

Alicia Carballal: “Somos líderes (Galiza) en consumo de antidepresivos, consumo de ansiolíticos e menos recursos de saúde mental”. Presentou unha descrición da estruturación da psicoloxía clínica na atención primaria, sendo Catalunya o primeiro lugar pero observando tamén a súa presenza neste momento en Madrid, en Portugal e noutras partes de Europa como Inglaterra.

Captura de pantalla de 2018-12-01 22-17-12.png.png

Víctor Torrado denunciou a substitución dunha praza de psicoloxía por un psiquiatra para atención infantoxuvenil na Coruña, analizou e demandou a formación continuada para os psicólogos clínicos, a opción de recibir directamente interconsultas desde os médicos de familia e criticou a presenza de psicólogos clínicos traballando no CHUAC contratados por ONG ou por Fundacións privadas.

Captura de pantalla de 2018-12-01 22-22-16.png.png

Captura de pantalla de 2018-12-01 22-22-48.png.png

IMG_20181201_113026

Miguel Anxo García, do Movemento Galego de Saúde Mental, denunciou a que chamou “psiquiatría violenta” que está nunha ‘posición dominante’ e forma parte do poder dentro da saúde mental en Galiza e que afecta aos dereitos dos psicólogos pero tamén dos pacientes.

Podemos ter, dixo Miguel Anxo, argumentos técnicos sobre eficacia e eficiencia pero os motivos ocultos que fan infravaloren a psicoloxía clínico na Consellería de Sanidade son ocultos, son políticos, de defensa do actual status quo e o poder.

Denunciou asemade a ‘fantasía depot’ cos medicamentos de longa duración e a contención mecánica que se da na Coruña con unha habitación que ten 3 camas e uso mixto para contención mecánica. Un problema de dereitos humanos.

Pide o cese do xefe de servizo e que se clausure esta habitación.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s