O 30 de outubro constitúese o Consello Local de Saúde de A Coruña, unha oportunidade de saúde para a cidadanía de A Coruña

20181023 conferencia de prensa 1.jpeg

A concelleira de Xustiza Social e Coidados de A Coruña Silvia Cameán e a Plataforma SOS Sanidade Pública A Coruña na conferencia de prensa.

20181023 conferencia de prensa 2.jpeg

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, anunciou esta mañá que o vindeiro martes 30 se constituirá o Consello Local da Saúde, un novo ámbito de participación para reforzar as relacións entre o Concello e as entidades cidadás. “Este espazo nace para fomentar a participación, o debate e acordar e impulsar propostas en materia de saúde, así como poñer en marcha accións orientadas á mellora permanente da calidade de vida da cidadanía”, resumiu a responsable municipal.

Documento presentado por Moncho Veras, voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña:

Consello Sectorial de Saúde: unha oportunidade de saúde
para a cidadanía de A Coruña
Bo día
Sra Concelleira, grazas por convidar a SOS Sanidade Pública a esta conferencia de prensa de presentación do Consello Sectorial da Saúde de A Coruña.
Se lles dixese que un organismo como o Consello Sectorial da Saúde pode ser tan importante como a falada ampliación do CHUAC dirían que este está tolo. Pero en términos de saúde, e diso é do que falamos, de estar sans, de non enfermar, as actividades que se poidan poñer en práctica desde un organismo como o Consello Sectorial de Saúde poden contribuír a reducir a mortalidade máis incluso que a posta en marcha de algunha unidade de alta tecnoloxía que a todos nos causa asombro e nos marabilla.
Está claro que todos queremos curar cando estamos enfermos e todos queremos ter os centros de saúde e hospital mellor posible, cómodos, con todos os equipos humanos e técnicos pero, sen dúbida, o máis importante é non enfermar, e para iso vale isto que hoxe se anuncia.
SOS Sanidade Publica de A Coruña quere felicitar ao goberno municipal por aceptar e facer súa esta iniciativa e tamén a toda a Corporación, porque recordemos que este Consello foi aprobado en Pleno por unanimidade, co apoio de Marea Atlántica, PP, PSOE e BNG. É un organismo que se crea co beneplácito de todos e todos deberán apoialo aínda que, como é natural, a súa xestión corresponde ao grupo de goberno.
Os organismos internacionais relacionados coa saúde e a literatura científica falan reiteradamente nos últimos anos da necesidade de poñer en marcha iniciativas de saúde pública nas que
– por un lado, se promovan políticas sanitarias multisectoriais,
– por outro, se teña en conta a Saúde en Todas as Políticas
– e por último, se ofrezan recursos para que a poboación poida atender mellor á súa saúde
Unha saúde entendida agora xa non como ausencia de enfermidade senón como a capacidade que ten a persoa de desenvolver o seu propio potencial persoal e de responder de forma positiva aos retos do entorno, do ambiente que a rodea.
O Consello Local de Saúde pode axudar a mellora a saúde das xentes da Coruña con iniciativas de mellora orientadas en dous sentidos:
1º Por un lado con actividades máis ligadas a estilo de vida e que serán útiles para a mellora de problemas como o cancro, a obesidade, a diabete, tabaquismo ou o alcohol, nos que a prevención está fundamentalmente en como vivimos e nos relacionamos
2º E en segundo lugar na mellora dos determinantes sociais da saúde (as condicións nas que as persoas viven, traballan, crecen e se relacionan).
Sabido é que estes determinantes sociais da saúde poden ter máis influencia na mortalidade que os factores xenéticos ou biolóxicos.
Nun estudo publicado na prestixiosa revista médica Lancet do 31 de xaneiro de 2017 mediron actividade física, tabaquismo, hipertensión arterial, inxesta de sal, diabete, obesidade, alcohol e estatus socioeconómico, e observaron que o tabaco era a variable de maior impacto pero o cambio de categoría de estatus ofrecería un maior impacto de redución da mortalidade na poboación que a redución de hipertensión arterial, diabete ou mesmo obesidade.
Non valen, polo tanto, para controlar esta influencia na saúde os servizos sanitarios. Faise necesario crear outras vías de mellora.
Nesta liña podemos entender que nun organismo no que estean administracións como o Concello, o Sergas, a Consellaría de Educación, ou institucións académicas como Fisioterapia, Traballo Social, Enfermaría, a Facultade de Ciencias da Saúde, por exemplo, ou asociacións de pacientes como poden ser a de trastornos aditivos, de glaucoma, de fibromialxia, de epilepsia, de diabete, de enfermidades raras,… ou os colexios médico, de enfermaría, de farmacéuticos,…
A potencia que pode ter un organismo deste tipo se se traballa en común é innegable.
O Consello Local de Saúde é unha oportunidade para que calquera colectivo da cidade que teña unha idea ou unha iniciativa de mellora da saúde poida canalizala por medio deste organismo. É unha oportunidade para promover na sociedade cambios e melloras que non se poderán dar desde os servizos sanitarios.
Claro, un organismo deste tipo será útil dependendo da súa actividade, e será moi dependente do liderado e impulso do mesmo. Non podemos permitir que se converta nunha inútil institución burocrática máis, e pola nosa parte intentaremos que non sexa así. Necesitamos mantelo vivo, activo. Para iso poderán contar con nós no que faga falta.
EN CONCLUSIÓN, O CONSELLO SECTORIAL DE SAÚDE VALE PARA NON ENFERMAR, PARA ESTAR SANS, HAI ALGO MÁIS VALIOSO?
Moitas grazas
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s