Plataforma de defenda da sanidade de Moaña e A Voz de Cangas: Falan do ESCÁNDALO POVISA. Queren rematar coa chantaxe de POVISA e falar disto no Parlamento

povisa

ESCÁNDALO POVISA

Reunidas representacións da Voz da Sanidade de Cangas e da Plataforma en Defensa da
Sanidade Pública de Moaña para analizar a situación creada polo anuncio do preconcurso de acredores de POVISA e a renegociación do Convenio asinado co Sergas en vigor ata o ano 2024, acordan:
1.- Reiterar a denuncia sobre o anacronismo que supón manter a 139.000 usuarios da
sanidade pública fora do sistema sanitario público e sen alternativas para ser atendidos no mesmo, situación que se ven arrastrando desde o ano 2000, con crises “prefabricadas” por POVISA periodicamente ( 2006-2010-2018) que sempre remata por impoñer novas condicións e custes engadidos a Xunta baixo a ameaza do deixar sen atención aos usuarios e o despedimento de traballadores.
2.- Que xa é hora de poñer punto final ao monopolio que está a exercer unha empresa privada nun sector estratéxico e vital como é a sanidade pública a traveso dun concerto singular e excepcional sen precedentes no Estado Español.
3.- Esixir a Xunta de Galicia que adopte cantas medidas sexan necesarias para garantir a
atención aos usuarios.
4.- Que esas medidas non deben ser finalistas, deben formar parte dun plan definido e
definitivo para a recuperación da xestión e control da atención sanitaria pública no territorio de Vigo e comarca.
5.- Solicitar dos voceiros dos Grupos Parlamentares PP, EN MAREA, PSDG E BNG unha
xuntanza coas plataformas co fin de que se pronuncien con claridade sobre este asunto,
ademais da incorporación do escándalo Povisa nos asuntos da Comisión Parlamentar de
investigación para determinar as consecuencias dos recortes e privatización do sistema
sanitario galego (2009-2018), recentemente constituida.
6.- Facer unha chamada aos usuarios para que se incorporen aos hospitais públicos como
medida de forza para poder esixir máis medios materiais e profesionais coa conseguinte
mellora da atención sanitaria nos mesmos e contribuír a solución Povisa, no prazo
regulamentario para elección de hospital a partires do 1 de novembro.
7.- Manter contactos con todos os sectores afectados, plataformas de usuarios e traballadores, cara a crear unha fronte común.

No Morrazo, a nove de outubro de 2018.
A VOZ DA SANIDADE DE CANGAS PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PUBLICA MOAÑA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s