Cinismo? Arrabaldeiro? Presuntuoso? Illado do mundo? Trasladar a súa (i)rresponsabilidade ao persoal do sergas? Que pretende Feijoo coas súas flamíxeras declaracións de que EL vai defender ao persoal na comisión de investigación?

Feijoo

Podemos ler en PRAZA:

“Pola contra, a comisión de investigación pedida por En Marea, PSdeG e BNG e que se creará grazas á posibilidade que existe de que en cada lexislatura a oposición impulse en solitario unha análise así malia que non queira o partido maioritario, ten como obxectivo “determinar as consecuencias dos recortes e privatizacións sobre o sistema sanitario galego (2009-2018), con especial incidencia en casos como a non dispensación de medicamentos necesarios aos enfermos da hepatite C ou o falecemento dun paciente sen atención no PAC da Estrada”. Malia esa formulación crítica coas políticas sanitarias da Xunta, Feijóo xa avanzou este xoves que quere comparecer el mesmo na comisión para publicitar a súa acción de goberno. “Para min será unha honra defender como traballan os profesionais da sanidade pública galega e os recursos cos que contan”, dixo.”

Captura de pantalla de 2018-09-25 00-29-08.png

A Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública contéstalle:

Ante as declaracións de Sr Feijoo de que comparecerá voluntariamente ante a Comisión Parlamentaria creada (a instancia dos tres grupos da oposición para analizar os recortes e privatizacións do Sistema Sanitario Público Galego coa presunta finalidade de defender aos profesionais sanitario), desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos denunciar:

1.- Que consideramos un exercicio de cinismo político e unha burla ao colectivo que o Presidente da Xunta se erixa defensor dos profesionais sanitarios dado que a súa política sanitaria desde que chego a poder estivo dirixida a reducir o gasto sanitario e favorecer ao sector privado recortando os dereitos dos mesmos.

2.- Entre a medidas adoptadas polo seu Goberno len este sentido cabria destacar os recortes de persoal obrigando aos profesionais a xubilarse contra a súa vontade aos 65 anos (sen repoñer as vacantes producidas); reducións salariais do 15-20%; a supresión de días de vacacións ; recortes nas prestacións económicas por enfermidade; precariedade laboral con mais da metade das plantillas en situación de provisionalidade; contratos lixo por horas ou días; ausencia de substitucións por vacacións ou enfermidade con repercuten en consultas masificadas en atención primaria; etc, etc.

3.- O Sr Feijoo non pode defender a uns profesionais aos que maltrata, senón que estes deben defender das súas políticas. As protestas de todos os sindicatos, colexios de médicos, organizacións profesionais e colectivos serven de exemplo para esta afirmación. Non se pode tomar o pelo a todo o mundo

4.- Consideramos que a creación desta Comisión, rexeitada pola Xunta é unha gran oportunidade para analizar e difundir as políticas recortes, privatizacións e desmantelamento do sistema e para propoñer medidas para a recuperación do sistema gravemente afectado polas mesmas en detrimento da saúde da poboación.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

AGDSP

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s