O Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura avala as denuncias feitas polo Movemento de Defensa da Saúde Mental de falta de recursos en Conxo

IMG_1915 corr

Comunicado do Movemento Galego de Defensa da Saúde Mental:

UNHA RESPOSTA VERGONZOSA

Hai uns días fíxose público o informe sobre o estado da atención ás persoas ingresadas
no Hospital Psiquiátrico de Conxo, elaborado por unha Comisión Multidisciplinar do
Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura (MNP), exercido en España polo
Defensor del Pueblo en cumprimento do previsto na Convención contra a tortura e
outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes, ratificada por España en
1987, e do Protocolo Facultativo dela derivado que tamén foi ratificado por España en
2006.
Nese informe deuse conta da grave situación na atención ás persoas atendidas nesa
Institución dependente do Servizo Galego de Saúde, poñendo de manifesto cuestións
como a insuficiencia xeral de recursos, a inexistencia de mecanismos de seguimento de
pacientes, unha elevada taxa de incapacitacións e tutelas, a obsolescencia das
instalacións, e casos de sobremedicación e uso de contención mecánica como castigo.
As resolucións e suxerencias reflectidas nel non foron respondidas ao MNP-Defensor
del Pueblo según consta no citado informe.
Como consecuencia da súa difusión pública, a Xerencia (responsable directa do
Hospital Psiquiátrico de Conxo) dirixiuse aos medios de comunicación que deron a
noticia e cualificou de “incompleta” a información que sustenta o documento do
Defensor del Pueblo.
O Movemento Galego da Saúde Mental, coñecedor da contestación por parte da
Administración, valora e fai público o seguinte:
1- É inconcebible que a resposta a ese informe se produza por un órgano do nivel
administrativo dunha Xerencia de área sanitaria ante os medios de comunicación e
como reacción á súa difusión pública.
O MNP-Defensor del Pueblo dá conta da súa actividade ante as Cortes Xerais e ante o
Subcomité da ONU para a Prevención da Tortura, e a súa misión inscríbese en obrigas
legais contraídas polo Estado Español mediante unha Convención internacional.
A inexistencia dunha resposta dende o máximo nivel da Xunta de Galicia (a Presidencia
ou , no seu defecto e no seu nome, a Consellería de Sanidade) é unha desconsideración
inaceptable de compromisos de nivel internacional do Estado Español que supón un
desprezo da cuestión que regulan eses compromisos (a prevención da tortura e dos
tratos inhumanos e degradantes a persoas que se atopan internadas en institucións co
conseguinte risco para o respecto aos seus dereitos).
12- Na constestación dada destacan vaguidades e respostas inconcretas que, máis que
informar, parecen feitas para protexerse dunha posible esixencia de responsabilidades.
Así, resulta chamativo que se diga que o protocolo de contención se atopa en revisión,
igual que o de prevención do suicidio, ou os sistemas de vixilancia, ou que as obras no
centro son constantes. Desa maneira evítase calquera tipo de valoración pública ou
información á cidadanía sobre a garantía para os dereitos dos pacientes en materia de
gran relevancia. Tamén se evita responder á situación da tutela de dependencia pública
que, se fose eficaz, sería un instrumento protector fundamental dos dereitos das
persoas ingresadas.
3- Respóndense obviedades, como a de que as indicacións das medicacións dependen
dos/as facultativos/as médicos/as cando non podería ser doutro xeito. Pero o que debe
salientarse é que se recoñece a existencia da suxeición química e non se nega a
inxustificable utilización (como castigo, según o informe), sen os controis e rexistros
esixibles, da suxeición mecánica.
4- Fáltase á verdade cando se di que os recursos profesionais existentes son os
adecuados e se corresponden co indicado en “estándares consensuados” (sic). Neste
senso, nin sequera se fai explícito de que estándares consensuados se está a falar. Polo
contrario, se tomamos como referencia os documentos producidos na Consellería de
Sanidade ao longo da súa historia nos que se planifican os dispositivos asistenciais
públicos para a atención á saúde mental en Galicia (*) constátase a chamativa carencia
nas dotacións.
Para que o Hospital Psiquiátrico de Conxo poida cumprir na actualidade a súa misión
rehabilitadora e non a predominantemente asilar que realiza e que é propia de
épocas moi lonxanas (tempos sociais, políticos e sanitarios pre-reforma psiquiátrica)
necesitaría, según as indicacións técnicas, aumentar as súas plantillas coas seguintes
dotacións profesionais: 3 psiquiatras, 7 psicólogos/as clínicos/as, 23 enfermeiras/os , 8
TCAE, 4 terapeutas ocupacionais, e 2 traballadoras/es sociais.
A carencia de profesionais é manifesta. O Hospital Psiquiátrico de Conxo necesita ser
reforzado profesionalmente e orientado con decisión cara á rehabilitación das
persoas que atende, xunto cun firme compromiso nese sentido dos responsables da
Consellería de Sanidade e da Xerencia de Xestión Integrada da área, e tendo como
centro e guía dese proceso o respecto e defensa dos dereitos das persoas.
En síntese: os responsables do goberno autonómico desconsideraron á Institución
interpelante e non trataron coa importancia que merece a cuestión que motivou a súa
inspección. Deuse unha resposta aos medios de comunicación elusiva de
responsabilidade, enmascaradora dos feitos máis graves, e falseando datos
obxectivables. E, por se fora pouco, non se reflicte nesa contestación a intención de
corrixir a grave situación dada a coñecer.
2(*)
– Bases para a elaboración do Plan Galego de Saúde Mental (1987). Consellería de Sanidade. Paxs. 19-20.
– Plan Estratéxico de Saúde Mental Galicia 2006-2011. Consellería de Sanidade.Paxs. 60-64.

En Santiago a 27 de xuño de 2018
MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
http://movementogalegosaudemental.gal/
https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental
https://twitter.com/MGSaudeMental

Logo movemento saúde mental

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s