A pediatría, desatendida pola Consellaría, obriga a decisións de emerxencia. A responsable é a Consellaría segundo a Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública

Resultado de imaxes para pediatría

Comunicado da Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública:

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública ante os problemas asistenciales que padecen a poboación infantil e os seus familiares no área sanitaria de Vigo pola supresión de consultas, da atención de urxencias, e do traslados de cupos de pediatría a outros centros de saúde (afastados da residencia habitual das familias) quere denunciar:
1.- Que o SERGAS volve adoptar medidas restrictivas da asistencia sanitaria durante o verán recorrendo ao subterfugio das vacacións do persoal, neste caso de pediatría. O problema afecta a 16.000 nenos e nenas e aos seus familiares
2.- É incomprensible que as supresiones afecten únicamente ás consultas de pediatría de quenda deslizante (alternan a atención entre as mañás e as tardes). Aínda que inicialmente eran afectados cinco centros de saúde o persoal do C.S. Niciolas Pena decidiu manter abertas as consultas, mentres que o caso de Coruxo a falta de persoal xustifico o traslado da asistencia ao Centro de Saúde de Navia. A falta de pediatras xustificou a asunción das urxencias infantís pediátricas por persoal non especializado dos Puntos de Atención Continuada (PAC)
3.- As cusas desta situación teñen que ver coa falta de pediatras consecuencias de:
Os recortes de persoal acometidos polo SERGAS coa escusa da crise (estímanse en 40 as prazas a crear para paliar a situación) situación que agravarase a curto prazo pola xubilación de 80 profesionais que teñen máis de 60 anos (o total de pediatras é de 340)
A fuxida de pediatras da Atención Primaria pola precariedad e inestabilidade dos postos de traballo e o deterioro dos Centros de Saúde pola falta de recursos. Dos 4 especialistas en pediatría que acaban a especialidade este ano ningún ira a primaria.
A ausencia de planificación dunha administración só interesada en desmantelar e privatizar o sistema (tárdanse 10 anos en completar a formación en pediatría)
3.- Entre as consecuencias desta decisión cabria destacar que supoñen un obstáculo no acceso da poboación infantil á atención sanitaria, un problema para as familias que deben desprazarse a centros afastados do seu domicilio, a masificación e sobrecarga das consultas de pediatría e dos servizos de urxencias. Esta situación repercute negativamente na calidade da asistencia.
4.- As alternativas pasarían por recuperar os recortes presupuestarios (especialmente no capítulo de persoal), un Plan de Mellora da Atención Primaria que recupere o prestixio perdido e a faga atractiva para o persoal de pediatría e acabar coa precariedad dos postos de traballo nos Centros de Saúde
O SERGAS, a Conselleria de Sanidade e a Xunta de Galicia non queren á poboación infantil nin ás súas familias. Estas trabas asistenciales na atención pediátruca, xunto coa ausencia de axudas familiares ou a precariedad laboral explican unha parte da caída dramática da natalidad en Galicia.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
29/06/2018
image.png

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s