O díptico da mesa redonda: Díptico da Mesa redonda sobre Morte Digna e a figura do Dr Luis Montes
O Dr Luis Montes, morto hai pouco tempo, foi un defensor da sanidade pública e un profesional que adicou parte da súa vida á atención profesional ao paciente terminal, facilitándolles unha morte con respecto, reducindo as molestias físicas e con liberdade moral e espiritual.
SOS Sanidade Pública de A Coruña e a Asociación de Dereito a Morrer Dignamente organizan unha mesa redonda o xoves 7 de xuño, ás 8 da tarde, no salón de actos da ONCE, no Obelisco, na Coruña.
Falarase da normativa actual galega sobre atención ao paciente terminal, do documento de Instrucións Previas, e da figura de Luis Montes tanto como defensor da sanidade pública como da faceta profesional de atención ao paciente terminal, motivo polo que sufriu unha inxusta persecución polo goberno madrileño.
É tamén unha oportunidade para o debate sobre a eutanasia. Hai que recordar que no 2017 o grupo Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea presentou unha proposta de lei sobre eutanasia que foi rexeitada e neste momento hai no Congreso pendente de tramitar unha proposta de lei de eutanasia do Parlamento de Catalunya, unha proposta de lei de coidados paliativos de Ciudadanos e outra de eutanasia do PSOE.