O artigo publicado o 9 de maio, coa sinatura de Juan Oliver, empeza así:
Juan Oliver | A Coruña | 9 de maio. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo comezou a aplicar en maio do 2009, nada máis chegar ao poder, unha calculada estratexia de eliminación dos profesionais sanitarios que non comulgaban cos seus plans de recortes e privatizacións na sanidade pública, para situar nos postos de mando intermedio dos hospitais galegos a médicos próximos ao ideario do Partido Popular.
Así se desprende da análise das numerosas sentenzas xudiciais que nos últimos anos teñen descalificada a actuación da Xunta, ao considerar probado que a administración sanitaria incorreu en cesamentos ilegais, manipulou oposicións e iniciou campañas de desprestixio contra os facultativos que ocupaban xefaturas de Servizo, para eliminar así obstáculos ás súas políticas.
Feijóo iniciou a súa carreira política nos anos noventa como Secretario Xeral da Consellaría de Sanidade de José Manuel Romay e baixo a presidencia de Manuel Fraga…