Representantes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de Barbanza, O Barco, Compostela, Vigo e Pontevedra; parlamentarios de En Marea, IU, Podemos e BNG, responsables dos sindicatos CIG, CCOO e Sagap, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e o Portavoz de SOS Sanidade Pública, mostraron o seu apoio e solidariedade á Xunta de Persoal e á Plataforma da localidade na folga e mobilizacións contra o desmantelamento do Centro.
A estratexia de recortes impulsada pola Xunta de Galicia é a responsable das graves deficiencias de persoal e de recursos que padece o Hospital que repercute na calidade da asistencia, nas listas de espera e na sobrecarga de traballo que soporta a plantilla.
No acto celebrado ás portas do Hospital de Monforte cunha nutrida participación da poboación e persoal sanitario esixiuse tamén a derrogación da reforma da Lei Galega de Saúde destinada a suprimir a área Sanitaria e desmantelar o seu hospital.
Manuel Martin
Voceiro