Reportaxe de Praza Pública sobre o DESCENSO continuado e actual de camas hospitalarias. Estamos no mínimo nos últimos 20 anos

Habendo colapsos nas urxencias hospitalarias,

Habendo as listas de espera impresentables que temos en Galiza,

Como é posible que Feijoo e o seu goberno continúe co descenso de camas hospitalarias tan acusado?

Só hai unha explicación: negocio para a sanidade privada, precarización da sanidade pública, a ruta do goberno Feijoo desde a súa chegada no ano 2009.

Ver o artigo: LIGAZÓN ao artigo de PRAZA PÚBLICA

Captura de pantalla de 2018-05-02 20-46-46.png.png

Marcos Pérez Pena | @marcosperezpena

Entre 2010 e 2016 desapareceron case 900 camas operativas, ao redor do 10%

O número de camas hospitalarias en funcionamento no Sergas segue reducíndose. En 2016 (último dato publicado, difundido o pasado venres polo IGE) a cifra caeu ata as 9.045. É o mínimo na serie histórica, que comeza no ano 1999, hai dúas décadas. O recorte máis importante produciuse nos primeiros anos de Goberno de Alberto Núñez Feijoo, entre 2010 e 2014, cun descenso de máis de 800 camas, case un 10%. Dende entón a cifra está máis estabilizada, pero mantén unha tendencia á baixa. Dende o 2006 vén reducíndose tamén o número de camas totais (en funcionamento ou pechadas), que tamén experimentou entre 2010 e 2013 o seu recorte máis importante.

Captura de pantalla de 2018-05-02 20-48-48.png

Pontevedra é o territorio que presenta un número máis baixo de camas por habitante (3,03 por cada mil persoas), fronte ás outras tres provincias, que roldan as tres camas e media. A media galega (3,33), iso si, sitúase por riba do dato xeral para todo o Estado español (2,97 en 2015), que tamén vén experimentando un descenso moi importante dende o seu máximo en 1999 (3,75 camas por cada 1000 habitantes).

“O recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes nin determina o grao de eficacia do sistema. A hospitalización achega pouco valor e alto gasto”, afirmaba en 2014 a Consellería de Sanidade

Sempre que dende os grupos da oposición, dende sindicatos ou dende colectivos profesionais e de enfermos se critica o descenso no número de camas hospitalarias dispoñibles ou abertas, os e as representantes do Sergas xustifican o descenso das camas operativas en que estas xa non son tan necesarias “como antes”. “O recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes nin determina o grao de eficacia do sistema. A hospitalización achega pouco valor e alto gasto”, afirmaba en 2014 a Consellería de Sanidade na resposta a unha pregunta parlamentaria de Eva Solla.

Nos últimos anos veu crecendo de forma sostida o número de usuarios e usuarias do sistema hospitalario galego: Das 313.430 altas de 2010 pasamos ás 322.546 de 2016. Neste tempo, no que o número de camas se reduciu nun 10%, caeu a estadía media dos enfermos e enfermas (de 8,75 a 7,57 días). Pola contra, creceron as consultas externas, que pasaron de 5.195.933 a 5.522.262.

Entre 2010 e 2016 caeu a estadía media dos enfermos e enfermas (de 8,75 a 7,57 días)

“Hai doentes cada vez máis maiores e pluripatolóxicos que necesitan ingreso hospitalario en maior medida. E o problema é que aquí se están facendo hospitais sen ingreso, sen camas, que parece que é a moda”, sinalaba María Xosé Abuín (CIG-Saúde) en conversa con Praza. Abuín recoñecía que “é verdade que hai procesos cirúrxicos que agora son menos agresivos, polo que o seu tempo de hospitalización é menor”. “Pero entón por que hai as listas de espera que hai?”, preguntábase.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s