Un PP xordo, arrogante e cínico aproba en solitario a “contrarreforma” sanitaria

1_20marzo_Mariña 2.jpeg

Mentres na rúa, diante do Parlamento galego, se concentraba unha representación das plataformas galegas de defensa da sanidade pública, incluídos os da Mariña a pesar da dificultade de paso do Alto da Gañidoira, o PP sacou a careta e mostrouse tal como é, arrogante, cínico e faltón. A maioría absoluta do partido popular foi suficiente para aprobar unha lei privatizadora, que reduce servizos sanitarios, que limita a participación social e que despreza o rural.

 

Feijoo, despois da manifestación histórica en Monforte no ano 2010, prometera non tocar as áreas sanitarias pero xa non se acorda diso. A Área do Salnés foi a única que se aprobou tras unha iniciativa popular, despois de importantes manifestacións na zona de Vilagarcía, pero os do PP que defenden esta lei na comarca tampouco se acordan xa. Hanse de acordar de novo cando os ‘votantes’ lles torzan a cara.

No Parlamento, entre o público asistente, estaba unha representación de SOS Sanidade Pública, sindicatos, alcaldes e concelleiros das áreas afectadas e, nunha esquina, todos xuntos, coa tradutora de símbolos diante, os executores da política sanitaria do PP, os xerentes do sergas, un tras outro, non faltaba ninguén.

15_20marzo_Europapress.jpeg

Foto de europapress

Pero que non pensen que isto rematou, as mobilizacións van continuar. Un manifestante da Mariña, un home grande, xa con canas, diante do Parlamento, mostrábase impotente, caíanlle bágoas mentres apertaba os puños e miraba feramente aos coches que saían pola porta parlamentaria. Agradecía o apoio dos líderes da oposición polo apoio recibido e ao mesmo tempo prometía continuar. Non toleraba quedarse sen área sanitaria, non podía aceptar a perda de patrimonio que supoñen os recortes e o empeoramento dos servizos sanitarios. El é un exemplo deste movemento de defensa da sanidade pública e con el estamos todos.

14_20marzo_Voz.jpeg

Foto da Voz de Galicia

11_20marzo_CIG

10_20marzo_A Coruña 4

Screenshot-2018-3-20 EnMarea en Twitter Concentración ás portas do Par_Gal por unha sanidade pública de calidade Hoxe votam[...]

Screenshot-2018-3-20 EnMarea en Twitter Concentración ás portas do Par_Gal por unha sanidade pública de calidade Hoxe votam[...](2)

7_20marzo_Pontevedra 2 Concha.jpeg

9_20marzo_A Coruña 3.jpeg

Screenshot-2018-3-20 EnMarea en Twitter Concentración ás portas do Par_Gal por unha sanidade pública de calidade Hoxe votam[...](1)

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s