Xordo e cun clamor social en contra o PP aprobará en solitario os cambios privatizadores e de deterioración da atención primaria.
Mañá día 20 as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública – SOS Sanidade Pública de toda Galicia concentraranse fronte o Parlamento para rexeitar a reforma da Lei Galega de Saúde impulsada polo PP .
Esta reforma que desmantelará 4 áreas sanitarias, consolidará o sometemento da Atención Primaria ás Xerencias dos Hospitalarias , privatizará a investigación do SERGAS, e acabará coa participación da poboación no control do sistema público, debaterase pese a oposición dos grupos En Marea, PSG-PSOE e BNG.
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública esiximos a retirada de esta contrarreforma privatizadora e abrir un proceso de negociación para recuperar o sistema dos recortes do Goberno da Xunta.
