O obxectivo do encontro e analizar os motivos para rexeitar o Proxecto de Reforma la Lei Galega de Saúde que pretende a Xunta de Galicia e mostrar o apoio social e profesional aos grupos de En Marea, PSdeG-PSOE e BNG para a retirada do meso.
Preténdese que os colectivos sociais e profesionais sanitarios que integran a Plataforma SOS Sanidade Pública, debatan cos grupos parlamentarios os problemas desta contrarreforma da Lei, que se votará no Pleno do Parlamento o día 20 de marzo, como son a:
- Transformación das áreas en distritos e o desmantelamento dos hospitais comarcais
- Consolidación das EOXIS que supuxeron a absorción da atención primaria polas xerencias hospitalarias
- Privatización das estruturas de Investigación, Innovación e Desenrolo (I+D+I) do sistema público
- Supresión da participación social na planificación e control do sistema sanitario público
- Xeneralización de estruturas de xestión privada nos centros sanitarios (chiringuitos) e as consecuencias para os dereitos dos traballadores sanitarios
Farase un informe final para a presentar aos medios de comunicación social e profesional.
No encontro participarán representantes das Xunta Plataformas de A Mariña, O Salnés, O Barco e Monforte; o presidente da Confederación Galega de Asociación de Veciños (COGAVE); membros de organizacións de pacientes; representantes de colectivos de medicina familiar e líderes sindicais.
Por parte dos grupos Parlamentarios estarán Xulio Torrado (Partido Socialista), Eva Solla (en Marea) e Motserrat Prado (BNG). A presentación das conclusións correrá a cargo do Dr. Xesús Sueiro, presidente da asociación galega de medicina familiar e comunitaria, e coordinador do encontro.
O acto celebrarase no Parlamento de Galicia o xoves día 15 de marzo as 11 horas.