Nova privatización no sergas: o aparcadoiro do hospital de Ourense.

O sergas sempre facilitando (máis ben impedindo) o acceso dos pacientes e familias. Cal é o obxectivo dos sergas? recaudar ou facilitar o acceso dos pacientes e familias á sanidade pública?

O goberno de Feijoo erra de novo!

Captura de pantalla de 2018-03-10 20-49-54.png

Ante a información de que a Consellería de Sanidade vai privatizar o novo parking subterráneo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), mediante unha licitación da xestión e mantemento polo que a empresa concesionaria deberá abonar un canon mínimo de 35.000 euros ao ano durante trinta anos, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:

1.- Que esta medida supón unha nova privatización do sistema sanitario público. Un aparcamento forma parte dos recursos de apoio á asistencia sanitaria que prestan os hospitais. Os pacientes e os seus familiares teñen que utilizalos para poder acceder á atención sanitaria. Os traballadores necesítano para poder acudir aos seus postos de traballo.

2.- Supón un novo copago que recae nas persoas doentes, que dana especialmente ás persoas con menor capacidade adquisitiva. Esta medida fai que o sistema sanitario galego sexa cada vez é menos accesible e equitativo.

3.- Tamén supón un recorte do salario dos traballadores sanitarios do hospital, que deberán pagar por acudir a traballar ao seu propio hospital.

4.-Esta decisión forma parte da política da Xunta de Galicia de favorecer a grandes empresas afines con diñeiro público, que xa se puxo en práctica no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e que pretenden aplicar tamén no Hospital único de Pontevedra.

5.- Desde a nosa Asociación esiximos a gratuidade do aparcamento e a súa xestión pública.

AGDSP

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s